Skip to Content

Histórico centro

Proposta de actividades para o nadal.

 

Ola alumnado.

Recordade que durante as vacacións de nadal debedes de facer exercicio físico: andar en bici, patinar, facer circuitos na casa parecidos aos que facemos no cole,....

 

Ollo tamén co que comemos. Poucos azúcares e moitas froitas e verduras.

 

Aquí vos deixo algunhas actividades que podedes facer.

 

 

Recordade a proposta que vos fixen para o noso TI-TAC Donas.

Mandade unha coreo máximo 15¨ cunha canción que vos guste. A poder ser en familia. Subirei todas á paxina web para pasar un bo rato.

Enviádeas ao correo electrónico: educacionfisicadonas@gmail.es

 

Como proposta e en relación co noso proxecto, hai unha actividade moi interesante que se chama PLOGGING, naceu en Suecia en 2016.

Trátase de recoller basuraleza e correr.

Necesitades unhas luvas e unha bolsa para meter o lixo.

Plogging: Imágenes, fotos de stock y vectores | Shutterstock

 

 

 

RECOMENDACIÓN 1º TRIMESTRE

Aquí tes as nosas recomendacións lectoras para as vacacións de inverno. CLICA NA IMAXE

 

SE QUERES VER AS ILUSTRACIÓNS QUE ESTÁN NO BOLETÍN E OUTRAS QUE FORON FINALISTAS, CLICA E VERÁS

 

RECOMENDACIÓN 1º TRIMESTRE

FINALISTAS ILUSTRACIÓN BOLETÍN 1º TRIMESTRE

AGRADECEMENTO Á Dra. SONIA VILLAPOL SALGADO

Logo do desenvolvemento da charla impartida pola Dra. Sonia Villapol Salgado recibimos moitos parabéns e mostras de agradecemento. Supoñía un reto tratar de recoller en poucas palabras todo o que nos foi chegando, polo que decidimos facer a montaxe de vídeo que a continuación vos presentamos. Sen dúbida non están todas as que son mais son ben sentidas todas as que están e son un reflexo da nosa gratitude.

 

 

A RAG dedicaralle as Letras Galegas 2021 a Xela Arias

A Real Academia Galega dedicaralle a Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) o Día das Letras Galegas de 2021. O Pleno da institución acordou na sesión celebrada esta tarde homenaxear o ano que vén a quen foi unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea. Xela Arias é autora dunha poesía singular, transgresora, sincera e comprometida que será celebrada ao longo dun 2021 durante o cal a RAG lembrará ademais o seu labor como editora e tradutora que verteu milleiros de páxinas de clásicos universais ao galego.

Premendo na seguinte imaxe poderás acceder á páxina da RAG onde se amplía esta nova.



by Dr. Radut