Skip to Content

Histórico centro

CUBISM AND CREATIVITY HAVING FUN!

March 2024

 

In Art class, James talked about Picasso and cubism.

After that, he encouraged 2nd graders to make a collage inspired by geometrical shapes, characteristic feature of cubism.

The topic was the sea... and our children made all kind of creatures that live there :)

This is the presentation that James prepared to explain the activity.

 

 

And here are some of the pictures created by 2nd grade students.

 

 

ACTIVIDADES ESPAZO LECTURA

INFORMACIÓN DAS ACTIVIDADES DE ESPAZO LECTURA NO MES DE ABRIL 

 

Cross escolar, Sta Mariña de Vincios

MATRÍCULA

AVISO IMPORTANTE

O alumnado de 4º e 6º de infantil que solicitou praza  para o vindeiro curso 2024/25 no noso centro están tod@s admitid@s.

 

Recordade que do 20 ó 30 de xuño hai que formalizar a matrícula.

 

 

MENÚ MAIO

Menú mes de maio

 

FESTA DA BICICLETA. 17 DE MAIO

CAMPAMENTO DE VERÁN

Ola familias! Por terceiro ano consecutivo organizamos o campamento de verán no Centro Cultural de Donas. 

Do 24 de xuño ata o 31 de xullo (posibilidade de agosto). Horario de 9 a 14 horas. Aberto a todos peques tendo prioridade o alumnado do CEIP Souto-Donas. 

As tarifas son:

 

Mes 145€ 

Quincena 95€

Semana 60€

10% de desconto irmáns.

 

Inscripcións abertas dende o 1 de xuño ata o 15 de xuño a través do correo info@matracala.es

 

 

 

FONDOLIBROS

 

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE

MATERIAL ESCOLAR E FONDOLIBROS:

 

CURSO 2024/25

O luns 20 de maio publicouse no DOG A ORDE DO 7 DE MAIO DE 2024  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024-25 destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria.

O prazo para solicitar as axudas de material escolar no Centro será do 21 de maio ao 14 de xuño.

Para a tramitación podedes descargar:

 

 

A solicitude (Anexo I + Anexo II) e a documentación xustificativa, de ser o caso, poderán entregarse das seguintes formas:

- POR CORREO ELECTRÓNICO, adxuntando a documentación necesaria e o Anexo I e II ben cuberto e asinado en todos os recadros. Escanear todo e enviar ao enderezo ceip.souto.donas@edu.xunta.gal poñendo no asunto “Solicitude Axudas Material Escolar_Nome do alumno/a”.

 

- POR VÍA ELECTRÓNICA, nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «Fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal con código de procedemento ED330B mediante Certificado Dixital ou Chave365.

 

- EXCEPCIONALMENTE, de forma presencial no centro en horario de 9:00-10:00 e de 13:00-14:00h

 

 

 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO NEAE CURSO 2024-2025.

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECIFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2024-2025.

 

Enlace para cubrir a solicitude na páxina web da sede electrónica do Ministerio de Educación.

BECA

A TER EN CONTA:

1.- Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e facilitar os datos económicos ás administracións educativas .

2.- No apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e, no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar. (Todos teñen que asinar)

Nota: (Considéranse membros da unidade familiar: o solicitante, os pais ou titores, os irmáns solteiros que vivan no domicilio familiar, ou de calquera idade cando sexan discapacitados, e os ascendentes dos pais do solicitante que vivan no domicilio familiar)

Lembrar que de acordo coas bases da convocatoria a falta de sinaturas nestas dúas páxinas será causa de denegación da bolsa ou axuda.

Presentarase tamén documentación acreditativa do certificado de discapacidade igual ou superior ao 25%.

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

 

- Copia dos datos identificativos da conta bancaria (código conta cliente). O solicitante (alumno) deberá figurar obrigatoriamente entre os titulares ou cotitulares da conta.

    • Copia dos xustificantes das situacións que declare o solicitante no apartado H: familia numerosa, discapacidade do solicitante ou de algún irmán, etc.

    • Informe do Gabinete onde vai a empregar a axuda o solicitante.

 

IMPORTANTE:

 

O prazo das familias, para presentar as solicitudes no centro escolar, iniciase o 30 de abril e remata o 13 de setembro de 2024.

O alumnado con BECA que marchen do centro o IES adscrito terá que solicitala no IES.

Se tedes algunha dúbida ou precisades algunha aclaración poñédevos en contacto co centro.

 

 



by Dr. Radut