Skip to Content

Histórico centro

OBRADOIRO INFANTIL

En infantil, nun dos seus obradoiros, relacionaron os contos e os escornabots. Xuntáronse todos na aula de música e en 3 grupos, fixeron diferentes actividades. Os nenos ían rotando por cada grupo para participar en cada actividades. 

 

 
 

ACTIVIDADE 1: Ordenamos os personaxes do conto "A princesa do Caurel". O escornabot ten que pasar por orde de aparición polos personaxes do conto. 

ACTIVIDADE 2: Relacionar cada personaxe coa portada do seu conto.
ACTIVIDADE 3: "Chibos Chibóns". Hai que chegar ó pasto verde pero tendo moito coidado co ogro. 
ACTIVIDADE 4: "Cocorico". Cocorico quere chegar onda súa nai pero ten que evitar a gato pelado. 
 

PRIMEIRAS ACTIVIDADES

Unha das primeiras actividades para familiarizarnos co escornabot, foi probalo libremente. 

Despois nun dos taboleiros con números, escollían un número, colocaban aí o escornabot e prográmano para chegar o outro número igual. 

INICIO 1º

As profes de 1º introduciron os escornabots con diferentes actividades. Despois fixeron un resumo de todo o traballado. 

 

GUÍAS E PRESENTACIÓNS

Unha vez montados os escornabots, para empezar a traballar nas aulas, puxemos a disposición de todas as aulas un vídeo e unha presentación para presentar os robots. Foi unha presentación formal dos escornabots

 

 

 

1º PRIMARIA

As profes de 1º fixeron actividades de presentación do escornabot onde os nenos programaron os robots. Despois prepararon unha ficha explicando todo este proceso. 

 

MARCAR RECORRIDOS

Unha das moitas posibilidades que nos ofrecen os escornabots é poder traballar conceptos como o da orientación espacial. Neste caso, xogamos con frechas e direccións. 

Na primeira actividade, hai que levar o escornabot dende o personaxe ata o seu conto. Marcan o recorrido que ten que facer o escornabot, collen as frechas que indican todos os movementos e programan o escornabot. 

                                

 

Tamén marcamos recorridos cos contos de "Corre corre cabaciña" e "A mellor sopa do mundo"

 

ROBORRITMO

A profe de música elaborou unha unidade didáctica que levou a cabo cos escornabots. Unha maneira diferente de traballar algúns aspectos da música. 

WILD ANIMALS

March 2017

We´re learning the names of some wild animals with Barcode the Zebra (snake, elephant, leopard, giraffe and crocodile)

 

 

Learn more and have fun with this song ( Walking in the jungle)

Play animal jungle game and more activities.

 

TIME TO PLAY: DESCRIPTIONS AND CLOTHES

                                                   

PRESENTACIÓN NOVIDADES

O 6 E 7 DE MARZO FIXEMOS A PRESENTACIÓN DAS NOVIDADES NA BIBLIOTECA. ESTABAN TODOS OS LIBROS NOVOS EXPOSTOS PARA QUE PROFESORADO E ALUMNADO OS COÑECERAN E A PARTIR DE AHORA, LEVAR EN PRÉSTAMO.

FOMOS Á BIBLIOTECA POR QUENDAS, RECORDAMOS ALGUNHAS NORMAS CUNHA PRESENTACIÓN, VIMOS UN VÍDEO EXPLICATIVO DE TODOO NOVO QUE HABÍA, FIXEMOS ALGUNHA RECOMENDACIÓN, CONTACONTOS E OLLAMOS CON CALMA TODO. QUE GANAS DE LEVALOS PARA A CASA!!!

 

Así quedou a biblioteca para a chegada dos rapaces

 

 
Mirade como gozaron os de infantil
 
 
Quenda para o 1º ciclo
 
Aí van os de 3º e 4º 
 
 

E por suposto, os maiores, o 3º ciclo
 


by Dr. Radut