Skip to Content

3º e 4º.

IMOS ACABAR CO CORONAVIRUS!

Houston, Houston!! Temos unha morea de dúbidas!

  • Que impacto ten a acción do ser humano na aparición das pandemias?
  • Que é a zoonose?
  • Que perigos supón estes virus?
  • Que medidas de prevención debemos adoptar para defendernos do coronavirus?
  • Que efectos provoda o virus a curto e medio prazo?
  • Cando veremos a efectividade das vacinas?
  • Que é a neurociencia?

E quen nos responde a todas estas preguntas? As preguntas respóndenolas a Ciencia. E que é a Ciencia? A Ciencia é unha muller de Bretoña, a Ciencia é Sonia Villapol Salgado.

Sonia Villapol é Profesora e Investigadora Principal no Instituto de Investigación do Hospital Metodista, en Houston (o maior centro médico do mundo). E ao mesmo tempo é Profesora de Neurociencias na Universidade de Cornell en Nova Iorke. 

O venres 18 de decembro estivo connosco Sonia Villapol a través dunha conferencia que compartimos en directo na nosa canle de YouTube  .

Participamos nesta charla alumnas e alumnos do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda (Lugo) e do CEIP Plurilingüe Souto Donas (Gondomar).

Premendo na seguinte imaxe accedes á visualización do vídeo promocional da charla.

 

A BUSCA DA SABEDORÍA

As alumnas e alumnos da materia de Valores Sociais e Cívicos de cuarto de Primaria andamos na busca de sabedoría. Sabedoría para cultivar o noso horto. Podes axudarnos?

No seguinte vídeo explicamos en que consiste o noso proxecto. Si estás interesada ou interesado en botarnos unha man podes facelo poñéndote en contacto connosco a través do noso correo da aula.

aula3tres3@gmail.com

Moitas grazas pola vosa colaboración.

NO MONTE

Varias alumnas e alumnos de 4º de Primaria fixeron esta composición musical relacionada co noso Proxecto Anual. Desta volta quixeron facer un brinde polo noso medio natural, en concreto polo noso benquerido monte. A inspiración atopárona nas saídas dos martes a Pedra Moura. Aquí vos deixamos o texto así como unha gravación caseira que agardamos que desfrutedes.

 

NO MONTE

No monte, no monte, no monte, no monte.
Hai plantas que pinchan.
As árbores se moven.
Estou nunha pedra,
mirando ao horizonte.

No monte, no monte, no monte, no monte.
Hai plantas que pegan,
e non se despegan.
Hai moitos bichiños,
algúns pequeniños,
outros son grandes
e outros xigantes.

No monte, no monte, no monte, NO MONTE!!!

 

Adriana, André, Ángel, Martina, Olivia.

CREACIÓNS LITERARIAS DE 4º PRIMARIA

Desta volta o alumnado de CUARTO de PRIMARIA ofrécevos unha selección de MICRORRELATOS que esperamos vos gusten.

E comezan así...

 

 

UN DÍA NORMAL DE ISMA

 

Cando cheguei estaban pondo a mesa para cear, ao mesmo tempo miña nai chegou de

traballar. Eu fun o encargado de alimentar a miña cadela. Estiven dicindo aos meus

pais o que fixen durante o día , porque cando acabamos de cear preparei a miña cama

para deitarme, estiven falando co meu irmán Rubén que xa podía acabar esta

corentena,e ao mesmo tempo xa me quedei durmido.

 

 

                                                            Autor: Ismael Gameiro Guisande

 

A NOITE TERRORÍFICA

Cando cheguei estaban pondo a mesa para cear. Miña nai estaba a facer

hamburguesas con maionesa e para a miña irmá un ovo revolto. Sentámonos a cear ,

a miña irmá atragantouse co seu vaso de auga , miña nai asustouse moito

, levantoulle os brazos para arriba e púxose ben. Cando acabamos de cear fomos ver

unha película de zombis que inundaban o planeta Terra. De repente nunha escena case

o final dos zombis parecían que nos comían e empezamos a gritar. Oíuse un trono

desde moi lonxemoi forte e de repente chamaron a porta e saltamos de medo: era o

veciño.

 

                                                        JOSE ANGEL GOMEZ TRIGO 4º

 

 

UN ESPIRITU NA CASA

Cando cheguei estaban pondo a mesa para cear. Miña nai tiña preparada unha

tortilla de pataca. E o meu pai estaba a traballar no campo. Despois eu fixen

zumo de laranxa ,e puxémonos a cear . Todo estaba moi rico ata que de

repente empezou a chover . Xa non poidemos sair ainda que era de noite ,

pero non pasaba nada porque empezamos a xogar dentro da casa .Un rato

máis tarde apagáronse os plomos da luz , estabamos moi preocupados e

empezamos a ver sombras e voces. Descubrimos que non fora o vento ,que

era o meu padriño ríndose .

 

                                                                NOELIA GOMEZ TRIGO 4º

 

Amar a vida

 

Cando cheguei , estaban pondo a mesa para cear . Cando se rematara o confinamento

,a nosa familia faríamos unha cea. Tiña moitas gañas de mirar a miña familia e falar

con eles. Xogar con eles e xogar cos meus amigos ao futbol,facer surf e coller un

montón de ondas na Praia.

Gustaríame poder xogar màis dunha hora na rúa. Dinme conta,de que voto de menos

as apertas a miña avóa,padriño,madriña,etc…

Estas son as cousas polas que eu quero brindar. Xa queda pouco para poder festexar o

fin do confinamento.

 

                                                                                       YERIK 4º

 

 

O CENTRO TRES ANIVERSARIO DA MIÑA BISAVOA “FEFA”

 

Cando cheguei estaban pondo a mesa para cear. Estaba a miña familia para celebrar o

cento tres aniversario da miña bisavoa. De cea houbo a súa comida preferida que é o

cocido galego. De sobremesa tivemos biscoito que fixemos os bisnetos. Démoslle o

agasallo que era unha cadela pequeniña para que lle faga compañía. Ao día seguinte

ela fixo o noso almorzo, démoslle moitas apertas e falamos con ela sobre cando era

nena, contounos moitas cousas. Dixo que antes non había tanta tecnoloxía

comoagora, que a moeda era a peseta, a televisión non era a cor e non había tantos

coches.

 

                                                                         Yaiza Rodríguez Torres

AS GALLETAS DE 4º.

CANTO COCIÑAMOS EN CUARTO!!!

 As semanas pasadas, as nenas e nenos de cuarto estivemos experimentando cunha receita de cociña. Démoslle voltas ós ingredientes, fixemos todo tipo de cálculos...pero o mellor de todo está aquí: COCIÑAMOS "GALLETAS NIÑO DE CHOCOLATE" (e houbo quen se atreveu con outras sobremesas). 

  

 

 

Por se vos animades a facelas, aquí vos deixamos  a  receita:

 

 

CREACIÓNS LITERARIAS 4º DE PRIMARIA.

 OS NOSOS POEMAS

 
Días atrás estivemos creando poemas. 
Adicámosllos... a unha MOSCA, a outra MOSCA... a moitas MOSCAS... 
 
Aquí volos deixamos. Gozade deles!!

 

  

 

 

 

CREACIÓNS LITERARIAS DE 4º PRIMARIA

 

CONTINÚAN AS HISTORIAS DESDE O CONFINAMENTO

 

LA GORRIÓN VIAJERA

 

Hola.

Me llamo Manchitas y soy una pequeña gorrión, regordeta y emocionada.

Hoy es domingo 22 de marzo de 2020 y me he levantado como todos los días.

Hoy hace mucho calor y he ido volando a la plaza de Paradela: en Gondomar, en

la plaza no había nadie y sentí soledad y tristeza. Yo solía comer de las sobras

de los bares y cafeterías, pero ahora me tengo que ir a los campos a buscar mi

propia comida. Cuando fui a casa pasé por la guardería San José. Normalmente

la guardería está repleta de niños y niñas gritando y jugando en el patio; pero

esta vez, estaba desierta: en la guardería no había nadie y me extrañó.

Entonces, fui hacia Bayona: cuando llegué, era muy raro porque normalmente

las playas están llenas de gente. Los parques, la Virgen de la Roca, el Faro de

Cabo Silleiro, etc estaban vacíos y no había nadie: era como el desierto… me

sentí muy triste. En las playas solía escapar de los niños y niñas pequeños pero

ahora tengo la playa para mi sola.

 

Pero me sigo preguntando, ¿qué le ha pasado a las personas?

 

 

 

INÉS SELEGANTE (4º primaria)

 

CREACIÓNS LITERARIAS DE 4º PRIMARIA

HISTORIAS DESDE O CONFINAMENTO

Estas semanas de confinamento estamos a crear historias.

Son historias que seguramente noutro momento non sairían do mesmo xeito.

Dan un pouco que pensar...

 

 

Historia de una paloma blanca

 

 

Hola soy Wili y soy una paloma blanca. Vivo en un limonero en un jardín de Donas. Al lado hay

otro limonero donde vive mi hermano y sus amigos , son cuatro. Mi hermano es una perdiz ,

bueno, no es mi hermano es mi mejor amigo yo le llamo así. Esto me da vergüenza lo digo

porque sois mis amigos.

Aprendí a volar a los doce meses y tres semanas, hoy voy a salir a volar.

 

Hace poco había gente ahora no salen de casa. Hai un niño que mira al horizonte por la

ventana con tristeza.

Lo primero que miro es que no hay personas, por ningún lado. Sobrevolé todo Donas buscando

gente , pero nada… No había trampas de cazadores, lo que sí vi son animales libres, el aire más

puro, la luz más bonita y brillante y el agua más limpia..

 

 

 

 

 Azael J. Hermida Sousa (4º primaria) 

 

EL VIRUS ANIMALISTA

Soy Len, un gorrión travieso y muy parlanchín que acaba de dejar su nido. Vivo en San

Cibrán, un pueblo pequeño y tranquilo. 

Cuando vivía en el nido mi mamá siempre nos contaba lo que veía en sus vuelos.

Cuando ella vivía en Vigo casi no había árboles para poder hacer nidos seguros y las

calles estaban siempre llenas de coches y gente de un lado para otro. Había muchísimo

ruido y el aire casi no se podía respirar. Por todo eso mi madre decidió venirse a un

pueblo donde todo es más tranquilo y hay menos ruido.

Mi madre siempre me decía que cuando fuese mayor podría ver niños y niñas jugando ,

gente pescando , perros simpáticos y juguetones ... Pero ahora que soy mayor lo único

que veo es un pueblo vacío y silencioso , una vida triste para los humanos . La gente y

los coches no salen de sus casas. Parece como si la vida de los humanos se hubiese

detenido en el tiempo, sin embargo veo muchos animales paseando tranquilamente y sin

miedo , animales que antes estaban escondidos y asustados. Parece como si la vida de

los animales y la de los humanos se hubiese cambiado .

 

Samu Piñeiro Durán (4º primaria)

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut