Proxecto ARCO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

Vivimos como abellas ;)

27/02/2015 12:57
Europe/Madrid

InicioLa campaña “Separemos ben, reciclaremos mellor” convoca sus premios escolares para la edición 2014-2015

Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

O luns 16, o alumnado de Educación Primaria, e o xoves 19, o alumnado de infantil, visitaremos o Salón do Libro de Pontevedra


Preparamos un "stand", con libros elaborados por todo o alumnado, para participar no 

Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. 

 

Do 27 de febreiro ao 28 de marzo, celebraranse actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis no marco desta nova edición do Salón: "Da Ciencia á Ficción"

 

Da ciencia á ficción”  XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, do 27 de febreiro ao 28 de marzo de 2015 . 

 

 

"A ciencia, a lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc.

 

As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química,... esclarecen feitos obxectivos e observables que inspiraron grandes historias de ficción

Presentación Lema XANEIRO - LEONARDO DA VINCI

05/02/2015 23:55
Europe/Madrid

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

JUST AS THE IRON OXIDIZES, INACTIVITY ALSO DESTROYS THE INTELECT

Leonardo Da Vinci naceu en 1452 en Vinci (Florencia - Italia). Foi pintor, escultor, arquitecto, inventor e científico.

Queremos recordar unha das súas citas: 

ASÍ COMO O FERRO OXÍDASE POR FALTA DE USO, TAMÉN A INACTIVIDADE DESTRÚE O INTELECTO

"Son San" Educ. Infantil

05/02/2015 22:21
Europe/Madrid

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoO Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida a Educación Infantil

É un espectáculo, de Raquel Queizás, de monicreques construídos con materiais de refugallo (vasos e pratos de cartón) e manipulación de obxectos moi visual e lúdico.

A través do recorrido de Xan, as nenas e os nenos verán a importancia dunha dieta san para levar a cabo unha vida saudable. Tamén reforzarán os seus coñecementos sobre as partes do corpo ao mesmo tempo que descobren de forma divertida como levar a cabo unha boa hixiene. Por último, non esqueceremos o necesario que é facer exercicio e estar en forma.
Eu estou san, SON SAN, e ti?

SOGAMA - separar para reciclar

02/02/2015 12:23
Europe/Madrid

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria tiveron unha sesión práctica para practicar como separar os residuos para poder aplicar o triple R (Reduce, Reutiliza, Recicla)

Día Escolar da Non-Violencia e Paz

30/01/2015 12:42
Europe/Madrid

Organizaranse actividades para conmemorar esta data

2º TRIMESTRE: XOVES 08/01/2015

 

 

xoves 08 de xaneiro comezan as clases do 2º trimestre

deste curso 2014-15

Papá Noel

18/12/2014 12:30
Atlantic/Bermuda

O ANPA foi quen de conseguir que Papá Noel visite hoxe o noso Cole para agasallar a todo o alumnado!!

CARTEIRO REAL

17/12/2014 10:00
Europe/Madrid

O mércores 17 de decembro.

 

 

 

AstroNENO!

16/12/2014 11:00
Europe/Madrid

O Centro Comercial Travesía e Conservas Palacio de Oriente, organizan unha exposición interactiva na que o alumnado de 6º de Infantil (5 anos) e 1º e 2º de Primaria poderán experimentar algunhas das sensacións que viven os astronautas.

Ceboliño ou cebola??

Xa florecen 

os nosos xacintos!!!  

 

(enlace á galería de fotos) 

Para comer ou para adornar????

con Isabel na horta estivemos a traballar!!! ;) 

 

Pegadas de Conto

02/12/2014 12:00
Europe/Madrid

Impórtanos
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoHistorias que deixan pegadas nos nenos e nenas que veñen escoitalas…

 

Todos os nenos e nenas séntense atraídos polo mundo dos contos e os educadores e as educadoras poden aproveitar ao máximo o potencial pedagóxico dos contos usando a literatura para desfrutar da lectura e ao mesmo tempo traballar os contidos da aula.

Os contos son unha boa maneira de motivar e introducir algún tema da Educación para a
Cidadanía Global, a Solidariedade e o Desenvolvemento.

Coma nos cursos anteriores, dende Impórtanos! ofrécenos sesións de contacontos coas que traballar as nosa pegada no mundo cos nenos e nenas de Infantil.

Bea Campos, catro contos e a inestimable e impetuosa participación dos nenos e nenas farán unha parte…

 

Saída ao MARCO e BARRIÉ

28/11/2014 10:07
Europe/Madrid

"Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico" 

 

 

É o plástico un material eterno? Desde comezos do século XX este material derivado do petróleo seguiu un camiño ascendente no mundo do consumo. Económico e fácil de manipular, pódeselle dar case todas as calidades que se necesitan. Hoxe en día a produción mundial de plásticos acadou a enorme cantidade duns 8.000 quilos por segundo. Pero, que lle pasa a un produto de plástico cando chega ao final do seu ciclo vital? Enormes cantidades de plástico chegan aos nosos mares todos os días, que aos poucos vanse transformando nunha sopa de plástico, con graves consecuencias para nosa saúde.