Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo
Poderá solicitarse nos seguintes casos:
- Discapacidade igual ou superior ao 25%.
- TDAH asociado a discapacidade ou a trastorno grave de conduta.
- Trastorno grave de conduta.
- Trastorno grave da comunicación e linguaxe asociado a NEE
- Trastorno do espectro autista (TEA).
- Altas Capacidades Intelectuais.
O TDAH que non está asociado a discapacidade ou o trastorno grave de conduta e as dificultades de aprendizaxe de lectura e/ou escritura (Dislexia) NON entran neste tipo de axudas.
Mantense a axuda complementaria de 400€ para as familias de alumnado con necesidade específica de apoio educativa.
PRAZO: do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024
O 2 de abril é o Día Mundial do Autismo e queremos visualizar esta importante causa para fomentar a conciencia sobre o trastorno do espectro autista.
O autismo é un desafío neurolóxico que impacta a comunicación, o comportamento e as habilidades sociais, pero nunca debe ser motivo de discriminación nin de exclusión.
Abracemos o valor das diferenzas
Naturalicemos a neurodiversidade.
Convocadas axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o vindeiro curso 2020-2021.
Prazo presentación solicitudes no centro escolar: ata o 30 de setembro (inclusive). Imprescindible CITA PREVIA.
Prema na seguinte imaxe para acceder ao resumo da convocatoria.
Bos días!
Esta última entrada na web é para deixar unhas actividades para repasar as habilidades metalíngüísticas, tan importantes para adquirir a lectoescritura, así coma, actividades de comprensión lectora, discriminación auditiva…
Esperamos que vos sexan de gran axuda!
Que teñades un bo verán!
Moitos bicos.
Aquí deixamos unhas pautas para a Estimulación da Linguaxe Oral na etapa de Educación Infantil.
Esperamos que vos sexa de axuda!
Unha aperta e feliz verán!
DIRIXIDO A TODO O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA QUE PROMOCIONA AO IES VALADARES
Aquí vos deixamos a presentación que vos proxectamos a semana pasada elaborada polo Departamento de Orientación do IES Valadares por si queredes volver a visualizala.
Xa está publicada na web do IES o plazo de matrícula e as instruccións da mesma. Clicade nos seguintes enlaces para acceder:
Os alumnos/as do CEIP Sobreira-Valadares teñen que formalizar a matrícula o día 1 de xullo de 2020 de 9:00 a 14:00 horas
Documentación para a matrícula: 2 fotos, fotocopia DNI, fotocopia libro de familia, tarxeta sanitaria, certificación académica e impreso de matrícula.
- Impreso de matrícula 1º E.S.O.
Moitísima sorte nesta nova etapa!!
Nesta entrada deixamos unha proposta de actividades para estimular a linguaxe e a lectoescritura dende a casa.
A desfrutar!
Preme na imaxe.
Guía de acompañamento a través de pautas para familias de alumnado con TDAH e/ou trastorno de conduta neste periodo de confinamento.
Guía elaborada pola Junta de Andalucía con recomendacións e recursos para as familias. Pincha na imaxe:
Nesta entrada deixamos actividades variadas secuenciadas por niveis para fomentar o desarrollo emocional en familia. Hay propostas de contos compartidos, actividades para desarrollar a atención, pratos de merendas creativas, cortos de valor educativo, manualidades e experimentos con recursos da casa, xogos de mesa...
Merece a pena que lles votedes un vistazo porque están moi ben.
Como consecuencia da situación que estamos vivindo, nalgunhas familias poden darse fortes discusións que poden chegar a derivar en momentos desagradables. Os motivos son moi diversos: estamos máis susceptibles psicolóxicamente, aínda que no nos demos conta, polo cambio das nosas rutinas e da nosa vida, non todas as persoas levan o confinamento do mesmo xeito, os nosos fillos/as poñen máis trabas para facer os traballos escolares...
Pinchade na imaxe para visualizar un vídeo moi cortiño con 7 consellos para axudarnos a xestionar ese tipo de situacións. Esperamos que vos sirva de axuda.
Ola a todos e todas! Hoxe deixámovos materiais e recursos para traballar o control das nosas emocións e sentimentos, algo que se pode facer en familia e que con seguridade aportará boas vibracións ao ambiente familiar.
O autocontrol emocional permítenos reflexionar e dominar os nosos sentimientos e emocións.
Os obxectivos que se pretenden alcanzar ao traballar o control emocional son os seguintes:
BANCO DE ACTIVIDADES:
1. Meditación
Cómo axudar aos nenos/as a acougarse e relaxarse? Cómo lograr que se concentren no que fan? A meditación é unha ferramenta sinxela e eficaz, que se adapta perfectamente ás necesidades dos pequenos/as e pódelles achegar beneficios inmediatos.
Pica en cada ligazón para obter distintas meditacións:
1. Tranquilo y atento como una rana (10 min).
2. La ranita (4 min).
3. Atención a la respiración (10 min).
4. El ejercicio del espagueti (6 min).
5. El botón de pausa (4 min).
6. Primeros auxilios para sentimientos desagradables (4 min).
7. Un lugar seguro (6 min).
8. La fábrica de las preocupaciones (6 min).
9. Levantando la moral (4 min).
10. El secreto del corazón (5 min).
11. Buenas noches (6 min).
Boas tardes e boas noticias para os nosos nenos e nenas!!
Como xa sabedes, a partir do próximo domingo 26 de abril os nenos/as de ata 14 anos poderán saír da casa acompañados dun adulto a unha distancia máxima dun kilómetro durante unha hora ao día.
Esta boa noticia leva consigo un acto grande de responsabilidade por parte dos pais/nais para que a medida se desenvolva exitosamente.
Deixámovos unhas guías que poden facilitarvos as explicacións e mensaxes que podedes dar aos vosos fillos/as. Pinchade nos seguintes enlaces:
- Conto: Xa podemos saír a rúa!
- Conto con pictos: Superheroe con mascarilla
DISFRUTADE A TOPE!!