O 3 de decembro celébrase o día Internacional da Discapacidade. No noso cole quixemos que fora algo máis que unha celebración e plantexamos unha conmemoración á diversidade, concepto que forma parte da nosa liña de traballo, "ver a diversidade coma unha oportunidade".
Contamos coa colaboración de COCEMFE (Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica) e, grazas a eles, leváronse a cabo unhas extraordinarias sesións e talleres de sensibilización con todo o alumnado. Foi unha experiencia fantástica, aos nen@s encantoulles e chegoulles a mensaxe, que eso é o realmente importante. Queremos agradecer a Marcia e a Moncho o seu traballo durante as 3 xornadas con nós. Moitísimas grazas!!
Aquí vos deixamos un vídeo destas e doutras actividades que fixemos no cole por esta data.
Dende o Equipo de Dinamización da Convivencia Escolar e estamos MAIS QUE AGRADECIDOS da vosa participación.
Clicade para comprobar
cantos libros
conseguimos donar!!!
Neste link tedes a nova ubicación dos vosos libros
https://www.instagram.com/reel/CXtkaddAO4I/?utm_medium=share_sheet
Para conmemorar o 8M estamos a traballar co proxecto "Depende de los 2" premiado polo Ministerio de educación en 2.018
Clicade nas imaxes para visitar o video e outros recursos!!
A bailar!!!!!
FESTEXAMOS O DÍA DA PAZ CREANDO UN BOTIQUÍN QUE CURE AS INFECCIÓNS POR VIRUS QUE ATACAN Á PAZ
ESTE CURSO ESTIVEMOS TRABALLANDO NAS AULAS DIFERENTES CORTOS E CONTOS.
CAPERUCITA ROJA, CAMBIA EL CUENTO. CLICA PARA VER O VÍDEO.
CORTO DO CEIP SAN DIEGO (SEVILLA). CLICA PARA VER O VÍDEO
XUNTOS VIRTUALMENTE ENVIAMOS MENSAXES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. BRAVO RAPACES!!!
Clicade para ver o vídeo
Neste curso tan diferente no que estamos todos tan cerca e á vez tan lonxe, comezamos a enlazar aos nosos alumnos nunha actividade conxunta de todo o centro adicada ás persoas maiores.
Despois dos momentos duros que vivimos no confinamento e que no caso das persoas maiores acentuouse inda mais , pensamos que poderiamos facer algo para que os rapaces deran valor ás experiencias e sabiduría das persoas da nosa contorna.
En colaboración co Centro de día DÁlba de Valladares comezamos este mes de Novembro unha canle de comunicación vía mail e vía carta física. Este contacto comeza pedindo axuda ás persoas maiores para que nos amosen xogos de cando eles eran rapaces e que ben nos virán para os nosos recreos.
Algunhas aulas quixeron ampliar a canle e preguntar polos sentimentos derivados do Covid, preocupacións, curiosidades dos seus tempos mozos...
ESTAS SON AS NOSAS CARTAS , clica nas fotos para ver o vídeo da actividade
Queridas familias, co gallo do día dos Museos 2020 asomámonos por aquí para sumarnos á súa iniciativa de adicar tempo á Cultura da man da Igualdade, Diversidade e Inclusión.
Gustaríanos facer fincapé, neste momento máis que nunca, da importancia desta temática non só na expresión artística senón en todos os aspectos da nosa vida.
Con el tema “Museos por la igualdad: diversidad e inclusión”, el Día Internacional de los Museos 2020 #DIM2020 tiene como objetivo convertirse en un punto de encuentro para celebrar la diversidad de perspectivas que conforman las comunidades y el personal de los museos, así como promover herramientas para identificar y superar los prejuicios en lo que los museos muestran y en las historias que cuentan.
Clicade na imaxe para descubrir o que supón a temática deste ano 2020 nos Museos.
Son moitas as propostas dos Museos para festexar esta data (ademáis da visitas virtuais ) . Deixamos algunhas interesantes para que aproximedes aos rapaces ao maravilloso mundo da ARTE.
Desta volta, xa que este curso vai "De Artes e Oficios" conmemoramos o DENIP creando ONG's para traballar de xeito voluntario polos demais e para os demais.
MERRY CHRISTMAS 2019!!
During this holiday season, the students learned all types of holiday vocabulary through worksheets, decoration, songs, and sculpting with clay
Todo o alumnado do CEIP Sobreira traballamos a través de varios libros os Dereitos da Infancia e a necesidade de dicir NON á violencia de xénero.
Conmemoramos o 25 N bailando xuntos “Yo Solo Quiero Bailar”
Rapaces, familias, mestres e toda a comunidade educativa comezamos o novo curso 2019-20 xuntos!
Un ano máis compartimos unha actividade de convivencia entre alumnado dos distintos niveis.
Hoxe o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria axudaron ao alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria a escribir as súas cartas.
O luns 10 de decembro esperamos no cole ao Carteiro Real!!
Rapaces, familias, mestres e toda a comunidade educativa comezamos o novo curso 2018-19 xuntos no patio cuberto de primaria compartindo un breve saúdo.
Mércores 12 de setembro, 9'15 h.