Neste curso tan diferente no que estamos todos tan cerca e á vez tan lonxe, comezamos a enlazar aos nosos alumnos nunha actividade conxunta de todo o centro adicada ás persoas maiores.
Despois dos momentos duros que vivimos no confinamento e que no caso das persoas maiores acentuouse inda mais , pensamos que poderiamos facer algo para que os rapaces deran valor ás experiencias e sabiduría das persoas da nosa contorna.
En colaboración co Centro de día DÁlba de Valladares comezamos este mes de Novembro unha canle de comunicación vía mail e vía carta física. Este contacto comeza pedindo axuda ás persoas maiores para que nos amosen xogos de cando eles eran rapaces e que ben nos virán para os nosos recreos.
Algunhas aulas quixeron ampliar a canle e preguntar polos sentimentos derivados do Covid, preocupacións, curiosidades dos seus tempos mozos...
ESTAS SON AS NOSAS CARTAS , clica nas fotos para ver o vídeo da actividade
Agardamos con entusiasmo as respostas!!!!
Bravo rapaces!!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
WhatsApp Video 2020-11-16 at 10.43.29.mp4 | 36.24 MB |
Cartas 1ºA.mp4 | 78.71 MB |
Cartas1ºB.mp4 | 93.61 MB |
Cartas 3º.mp4 | 43.53 MB |