Lemas curso 2011-12

No curso 2011-12, coas Olimpíadas ás portas, o fío conductor dos nosos lemas ,foi o deporte e todos os valores que nos aportan: a responsabilidade, a cooperación, o esforzo e o traballo en equipo.

ONE BOOKMARK, ONE OPORTUNITY

Participamos nunha campaña de Save the Children.

Participamos nunha campaña de Save the Children para recaudar fondos destinados á reconstrución de escolas na República Democrática do Congo, proporcionar atencións básicas de saúde, protección e educación para ter oportunidades nun futuro.

Trátase dun marcapáxinas solidario. Neste mes do día do libro, os marcapáxinas cos dereitos da infancia levan unha cara en branco para que os rapaces poidan decoralos ao seu gusto. Despois, solicitarán aos familiares e amigos un donativo a cambio de cada un.

 

DiSCAPACIDADE E PARAOLIMPIADAS

  Reflexionamos sobre a discapacidade e as paraolimpiadas co lema do mes de marzo.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo conmemórase esta data. Na titoría estivemos reflexionando sobre os avances que as mulleres tiveron na consecución de dereitos e do que falta por percorrer xa que en todos os paÍses non están acadados. Pensamos que temos que lembrar estas inxustizas para que non se repitan e todos avancemos.

Reflexionamos sobre a importancia das mulleres das nosas vidas, e cos seus nomes fixemos un póster que temos colgado xunto a nosa percha para lembralas cada mañá ao comezar a xornada.

 (Clica na imaxe para ver o vídeo)