Conmemoracións. Durante o curso escolar celebraranse as seguintes conmemoracións:
– 25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
– Do 1 ao 11 de decembro: conmemoración da Constitución e do Estatuto de
autonomía de Galicia.
– 10 de decembro: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
– 30 de xaneiro: Día da Paz.
– 8 de marzo: Día Internacional da Muller Traballadora.
– 15 de marzo: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
– Do 11 ao 15 de marzo: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase
na aula con xornais.
– Entre o 12 e o 30 de abril: Día do Libro.
– 7 de abril: Día Mundial da Saúde.
– 9 de maio: Día de Europa.
– Do 9 ao 17 de maio: Semana das Letras Galegas.
– 5 de xuño: Día Mundial do Ambiente.
Nestas datas organizaranse actividades para salientar a importancia das
referidas conmemoracións.