MAGOSTO VENRES 8 DE NOVEMBRO

08/11/2013 12:00
08/11/2013 15:00
Europe/Madrid

IMPÓRTANOS! XENTE CON PEGADA

O alumnado de 5º e 6º participou nun taller da Campaña "Impórtanos". Traballaron con distintos mapas, unha ollada diferente ao mundo...

TEMA curso 2013-14

No presente curso, a "Literatura e o Cine" será o tema "leitmotiv" do Centro.

Da Literatura ao Cine

Os libros e as películas, serán a idea fundamental que irá aparecendo e desenvolvéndose en distintas actividades e dinámicas escolares, coma nos lemas mensuais, nas conmemoracións e na biblioteca.

FESTIVAL IV MOSTRA DE ARTE INFANTIL

22/06/2013 17:00
22/06/2013 19:00
Europe/Paris

I MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR

05/06/2013 00:15
06/06/2013 14:15
Europe/Madrid

Teatro HAPPY EVER AFTER - 1º Ciclo

05/03/2013 11:00
05/03/2013 14:00
Europe/Madrid

 

 En colaboración coa Concellería de Cultura, a Obra Social de Novacaixagalicia, organiza a representación Happy Ever After. O alumnado do 1º ciclo asistirá a esta actividade.

 

 É unha obra que propón ao espectador seguir as aventuras do desaventurado Príncipe Neville mentres busca por todo o campo unha princesa para casar. No camiño atópase con Branca Neves, Rapúnzel e ademais cunha malvada bruxa.

POLO CORREO DO VENTO

"Esta colección de contos, preparada por Mau e Pin,  Enrique Mauricio e Carlos Taboadadirixida a escolares de seis anos en diante, está concebida para inicialos no coñecemento da natureza galega e doutros temas relacionados coa nosa cultura." Ed. XERAIS Galicia. Polo Correo do Vento

ODAIKO PERCUSSION GROUP NAS ESCOLAS

16/01/2013 10:00
16/01/2013 13:00
Europe/Madrid

 

 

Neste concerto, Odaiko fará un percorrido musical pola historia da humanidade desde os seus inicios, centrándose especialmente na relación existente desde sempre entre o ser humano e o mundo da percusión.

Acompañados por un narrador en off, Odaiko proponnos unha divertida escenificación en directo, chea de ritmos e sons da percusión moderna, onde a imaxinación, a creatividade e a curiosidade polas distintas manifestacións artísticas son os puntos clave.

Festival de Nadal


A vindeira semana celebraremos o Festival de Nadal que, como cada ano por estas datas, con tanto agarimo preparamos.

Teatro "TÍTIRICIRCUS" - 1º Ciclo

O alumnado do 1º ciclo asistíu a esta representación teatral.   Este espectáculo de monicreques da agrupación Tanxarina cumple 25 anos facendo que “Titiricircus” sea a obra de teatro de monicreques máis representada en Galicia 

CINE SUBMARINO

28/11/2012 10:00
28/11/2012 13:30
Europe/Madrid

XXII Semana de Cine Submarino de Vigo.

Como cada ano,no mes de novembro, chega a Semana de Cine Submarino de Vigo que este año celebra o seu 22º aniversario. O alumnado do 3º ciclo asistirá, no Centro Cultural Caixanova, á proxección dun documental.

Teatro "Títiricircus" - 1º Ciclo

19/11/2012 11:00
19/11/2012 14:15
Europe/Paris

 

O alumnado do 1º ciclo asistirá a esta representación teatral.

 

 

 

 

 

Unha lembranza fantástica e festiva do gran circo de carpa alta 

e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo 

que lembran agora con monicreques de fíos e traballo cómico 

actoral as glorias do seu pasado. Nun xogo participativo co 

público, van aparecendo os números máis importantes daquel 

vello circo xa esmorecido: o home máis forte da península 

ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo e 

durante unha hora... estaremos no circo!

MAGOSTO 2012

Este venres celebramos o MAGOSTO.

11'45h. - Recreo con tómbola do alumnado do 3º ciclo. (Por 1€ un premio)

12'30h.- Castañas asadas e zume por cortesía da ANPA.

13'00h.- Xogos por ciclos.

VISITA AO ALCAMPO E TALLER PASTA DE DENTES

 

 

Os rapaces de 2º estivemos a traballar a alimentación. Por iso visitamos o Centro comercial Alcampo.

Actividade - visita ao ALCAMPO

06/11/2012 10:30
06/11/2012 14:00
Europe/Paris

O alumnado de 2º curso visitará o centro comercial Alcampo para complementar o que están a estudar e traballar sobre os alimentos, esta quincena, na aula.