As alumnas e os alumnos de 1º e 2º de EP visitamos a "Casa de navegación" de Baiona. Aprendemos moitas cousas dos barcos daquela época!
Despois, achegámonos a coñecer unha réplica da "Carabela Pinta". Convertímonos en auténticos navegantes!
Rematamos a visita merendando e xogando no parque. Pasámolo xenial!!
Os nenos e nenas de Educación Infantil, traballaron a reo na praia de Bouzas onde foron mariscar xunto coas súas mestras da man dun grupo de expertos mariscadores.
Aprendendo a Amar o Mar...
Pincha aquí para ver máis fotos
Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria visitaron o Monte do Castro para coñecer o monumento adicado ao trovador Martín Códax e tamén o Museo do Mar, onde puideron contemplar de cerca o Pergamiño Vindel antes de que viaxara de novo á Morgan Library de Nueva York.
O venres 2 de marzo foi un día moi especial. Os nenos e nenas de 6º (2.017-18)mantiveron unha charla de 40 minutos con responsables e científicos da base Juan Carlos I que España ten na Antártida, que moi amablemente nos contaron unha chea de cousas interesantísimas, curiosidades, anécdotas..., sobre como é a vida na Illa Livingston ao longo dos meses que hai campañas de investigación. Os rapaces tiveron a oportunidade de facerlles preguntas sobre a capacidade que ten a base, como son as construcións nas que viven e traballan, como se realizan as comunicacións, como se tratan os residuos, cales son as rutinas diarias de toda a xente que habita alí, científicos, técnicos,... Ademais tivemos a sorte de coñecer a Ana Pintado, científica viguesa da Complutense de Madrid que estuda os líquenes que se atopan na Antártida. Toda unha experiencia e un privilexio que queremos agradecer a todos os que fixeron posible que charláramos en directo coa Antártida... en galego!!!!
Grazas Camilo, Antonio, Joan e Ana.
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivo un obradoiro moi especial
con Ítaca e con Brie da man de
ADA. Intervenciones Asistidas Con Animales Y Educación Natural
Aprender a mercar o peixe máis fresco escollendo peixes de tempada e capturados preto da costa para contribuír á protección do medio!!
Visitamos a villa romana de Toralla e estivemos moi atentos ás explicacións dos arqueólogos. Quedamos fascinados coa nosa Historia!!!
Despois, no museo do mar, fixemos unha preciosa "inmersión" na nosa Ría.