Día de Rosalía 24-febreiro-2.020

Celebramos o día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, data do seu nacemento (hoxe cumpliría 183 anos).

Para celebrar este día, o alumnado de 3ºEP explicounos o que aprenderon da súa biografía. A continuación, cada clase recitou algúns dos seus poemas.

 

Este curso, organizamos as actividades deste Día baixo o lema #errantesPoloMundo. Todas as clases recibimos unha carta da “Sobreira Faladeira” pedíndonos que escribamos postais para enviar aos compis do CEIP Pablo Sarasate de Móstoles con poemas e imaxes de Rosalía de Castro.

 Figura indispensable na literatura do século XIX Escribiu prosa e verso, tanto en lingua galega como en castelán. A súa obra foi traducida ás principais linguas do mundo. Foi unha das figuras representativas do Rexurdimento, devolvéndolle ao galego o seu carácter de lingua culta.