Proxecto ARCO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

Sobreira nas Ondas

Comezamos unha nova aventura, unha nova experiencia de aprendizaxe... imos facer radio!!

Participaremos na radio do CVC de Valadares: colaborando no programa especial escolar mensual, xunto con outros 5 centros da parroquia, para artellar unha hora mensual de programación.

 E, tamén, participaremos no seu informativo semanal aportando reseñas breves coas novas e sucesos máis salientables que acontezan no CEIP Sobreira!!

 Seguídenos nesta nova andaina!! 

Mochilas Viaxeiras 2016-17

Leo xa ten as mochilas viaxeiras preparadas para este curso!!! 

 

Estamos desexando descubrir todas as emocións que ten escollido para disfrutar en familia!! 

English Week 2016

 O noso Centro resultou admitido, provisionalmente, para participar no programa English Week 2016 dirixido ao alumnado de 6º de primaria.

PLAn de Mellora da Biblioteca Escolar (PLAMBE)

O proxecto da Biblioteca do noso Colexio,

e tamén do IES Valadares, resultaron seleccionados para incorporarse ao PLAMBE (PLAn de Mellora das Bibliotecas Escolares) 

Teatro Animar-T

Grazas aos trámites da ANPA puidemos desfrutar desta actuación do grupo Animar-T

para relaxarnos e compartir un tempo de diversión no final de curso

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Moitas grazas pola vosa colaboración.Risa

Premiados!!! por ler con emoción!!!!

  O traballo de Educación Infantil PREMIADO cun lote de libros e contos que recibiremos no cole!!!RisaRisaRisa

Todo o alumnado de educación infantil, na sesión semanal de taller de Filosofía, estiveron traballando cun conto xenial: O Monstro de Cores.

E a partir deste conto cada clase inventou outro... e así foi que:

a aula de 3 anos inventou "Un Día con Alegría!!!",

a clase de 4 anos inventou: "Un Día con Amor!!!" e

a aula de 5 anos inventou: "Un Día con Calma!!!"

3ª Acampada

 Acampada o venres 10 de Xuño

a partir das 17:30h 

 

 

Resultado de imagen de acampada niños

 

Tarde de xogos e Acampada de Convivencia proxectada para o Venres 10 de Xuño no recinto escolar!!!.

4º de Educ. Infantil no Laboratorio!!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoTivemos unha moi especial clase no Laboratorio

Moitas grazas a Monserrat pola súa colaboración.

Lecturas na webcam co CEIP Seis do Nadal

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoIntercambiamos lecturas de Manuel María, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016 con alumnado do CEIP Seis do Nadal a través da webcam!!.

Contactamos con eles na confluenza dos nosos Plans Lectores e polo traballo conxunto de mestres dos dous claustros Risa

Grazas a unha proposta do profesorado de infantil, chegouse a realizar unha videoconferencia co primeiro curso do CEIP 6 DE NADAL para rercitar poemas do noso homenaxeado Manuel María. Os rapaces e rapazas de 4º e 5º de primaria do CEIP SOBREIRA recitaron aos nenos de primeiro do outro cole e os de primeirro aos nenos e nenas de infantil.

Aquí temos unha pequena mostra do acontecido.


Thank you, Catherine - Moitas grazas

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoOur school said good-bye to our English assistant.

We are very thankful for all your work

and implication with us.

Thank you very much Catherine!  Risa Risa

 

Despedimos á nosa auxiliar de conversa. Moitas grazas, Catherine, polo teu traballo e a túa dedicación na Sobreira.

Voluntariado Lector - Graciela Ramilo

Graciela Ramilo, nai dos alumnos Iker e Adrián,  prepararou unha lectura 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 moi especial para o alumnado de 3ºe 4º de EP.

 

Moitísimas grazas pola colaboración!!

Letras Galegas - versos perdidos e MÚSICA

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPara coñecer a obra de Manuel María Fernández, o alumnado tivo que atopar os versos que se "perderan" polos patios do cole

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Despois, grazas a Ana, Enrique e Luís, puidemos coñecer os traxes de gala, os instrumentos tradicionais e bailar unhas pezas.

 

EDLG (Equipo mestras Dinamización da Lingua Galega)

Premiados no programa de Voluntariado de lectura-A

Os voluntarios "Leotecarios"

da Sobreira premiados con catro días de convivencia e actividades en Culleredo.

 Resultamos seleccionados, polas nosas actividades durante o curso, ás Xornadas de convivencia do Voluntariado de Lectura, a celebrar do 24 ao 27 de maio no Centro Residencial Docente da Coruña (Culleredo).


Un grupo de 50 alumnas e alumnos, das catro provincias, (acompañados dun/ha profesor/a) participará durante catro días dun intenso programa de actividades todas elas relacionadas con actividades colaborativas, xogos tradicionais, lectura expresiva, xogo dramatizado, danzas do mundo, ...

O programa complétase cunha visita á Biblioteca Pública Ágora e ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, de A Coruña.

Neste video presentamos un resumo das nosas actividades e responsabilidades como voluntarios da biblioteca.