NOVAS
PARTICIPA!!! GÚSTAME O GALEGO DE PRIMEIRA
"Gústame o galego de primeira" chega este sábado ao estadio de Balaídos. Dende as 19.00 h e ate o comezo do partido (22.00 h) podemos ser parte desta campaña de dinamización da lingua galega que desenvolve a CTNL e chega a Vigo co patrocinio do Real Club Celta, Fundación Celta de Vigo, Universidade de Vigo e Concello.
Todas e todos temos oportunidade de compartir xunto cos xogadores do Celta e cadro técnico o fotocol resultante e de mostrarmos como seareiros e seareiras da lingua galega.
As e os menores que queirades facervos unha foto debedes traer asinada autorización pola vosa nai/pai ou titor/a. Podedes descargar o modelo nesta mesma páxina.
Hai agasallos para quen participe.
Porque nos gusta como Balaídos roxe en galego, animar dicindo: imos, Celta, forza Celta; porque tamén nos gusta escoitar o galego do "Ala Celta" e alentar con afouteza e corazón. Porque nos gusta ver un equipo de primeira apoiando un idioma de galego e porque nos gusta sacar o galego do curruncho... este sábado todas e todos seareiros da lingua de noso! Ala Celta!!!.
www.gustame.gl
2013110509220360fe55da3836560da2c6ce51707143a5.pdf