Secretaría

PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará unha

semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

NOVAS INSTRUCIÓNS EN RELACIÓN CO COVID-19

As novas instrucións da Consellería de Educación de 13 de marzo pódense ver neste enlace.

 

MEDIDAS ADOPTADAS EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID-19

 Neste enlace pódense consultar as medidas adoptadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación

Profesional en todos os centros de ensino, para loitar contra a pandemia covid-19.

PROGRAMA DE CONSUMO DE LEITE FRESCO NA ESCOLA

O vindeiro luns 9 de marzo comezaremos, no CEIPP Santa María, a desenrolar o Plan de Consumo de Leite Fresco nas Escolas, subvencionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA). O Programa ten unha duración de 20 días.

 

 

INFORMACIÓN SOBRE O CORONAVIRUS

INFORMACIÓN SOBRE O CORONAVIRUS (COVID-19)

Prema sobre a imaxe para vela con máis detalle.

 

RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020/2021

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para presentar as solicitudes de praza para o

vindeiro curso. O trámite tamén se pode realizar a través da aplicación admisionalumnado.

 

                         

 

              SOLICITUDE

              PRAZAS VACANTES

             APLICACIÓN

             INSTRUCIÓNS

             XORNADAS PORTAS ABERTAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO (IES MONCHO VALCARCE) PARA O CURSO 2020/2021

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS/TITORES DO ALUMNADO DE 6.º CURSO DE ED. PRIMARIA

 

            Segundo consta na ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG nº22,  1 de febreiro de 2017) pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, informámoslles do seguinte:

    

·  Desde o 1 de febreiro  ata o 17 do mesmo mes, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6.º curso que desexe continuar os seus estudos no Centro ao que estamos adscritos, IES Moncho Valcarce (A circunstancia de estar este centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión).

 

·   Dito alumnado terá que presentar no noso Centro a solicitude debidamente cumprimentada. (Anexo I da Orde 25 de xaneiro de 2017). A solicitude tamén se pode cubrir na aplicación

·      A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. A presentación da solicitude noutro centro dará lugar á pérdida de prioridade.

 

·   Se prefiren que os seus fillos/fillas continúen estudos nun IES distinto ao que está adscrito o noso Centro, non deberán entregar esta reserva e agardarán ao periodo ordinario (1 ao 20 de marzo) para entregar a súa solicitude (Anexo II da orde do 25 de xaneiro de 2017).

 ·      O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES a finais de xuño.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2019/2020

No seguinte enlace pódese consultar a listaxe definitiva de admitidos e admitidas no fondo solidario de libros de texto 2019/2020.

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019/2020

No arquivo adxunto pódese consultar a listaxe de libros e material para o curso 2019/2020.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2019/2020

O prazo para a formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2019. A documentación a presentar será a seguinte:

- Impreso de matrícula: Pódese descargar aquí ou recollerse na secretaría do centro.

- Certificado de empadroamento

- 4 fotografías tamaño carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia do libro de vacinas ou certificado médico.

Distribuir contido