Secretaría

LISTA DE LIBROS E MATERIAL CURSO 2020/2021

Para ver a lista de libros e material para o curso 2020/2021, preme na imaxe.

 

BOLETÍN DE NOTAS

 

O boletín de notas farase chegar o venres 19 de xuño a partir das 14:00 horas a través da aplicación AbalarMóbil.

DESPEDIDA DOS ALUMNOS QUE REMATAN EI E EP

Estimadas familias, este curso tan atípico e diferente chega esta semana ao seu fin. Para os alumnos de 6.º de Educación Infantil e 6.º de Educación Primaria é especial, porque os pequenos cambian de etapa e os maiores deixan o noso centro para comezar a Educación Secundaria.

Non podemos permitir que marchen sen que leven o recordo do seu paso. Por iso o día 19, último día de curso, farémoslles entrega do diploma de finalización de etapa, da orla e do vídeo da súa graduación. Sentimos que teñan que irse sen o festival de despedida que nos gustaría facer a todos, pero nesta excepcional situación non é posible.

As titoras destes dous cursos mandarán pola aplicación Abalar a hora de recollida.

Moita sorte nesta nova andadura!

 

 

AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR / CURSO 2020-2021

No DOG do día 19 de maio de 2020 publícase a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

 

BENEFICIARIOS

Familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas seguintes modalidades:

a) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

b) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e EE.

c) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria.

 

PRAZO DE SOLICITUDE

Comeza o 20 de maio e remata o 19 de xuño.

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Preferentemente farase por vía telemática. Enlace á aplicación Fondolibros.

De xeito presencial na Secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00.

 

SOLICITUDE PARA DESCARGAR

 

 

AVISO SOBRE PRAZO DE MATRÍCULA

 

O día 18 de maio foi elixido no seu momento como non lectivo. Por este motivo, o prazo presencial de solicitude de admisión será ata o venres 15 do presente mes, podendo presentar a solicitude telemática ata o luns 18.

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 

No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO.

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 10 a 13 h. na secretaría do colexio.
  • Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido  o 8 de xuño.
  • Reclamacións do 9 ao 11 de xuño en horario de 10 a 13h na secretaría do colexio.
  • Publicación das listaxes definitivas antes do 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo. 

 

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO COLEXIO

  1. Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión en secretaría.
  2. Manter distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto.

 

NOTA IMPORTANTE: O colexio abre o luns 11, exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites, por favor, utilizar o teléfono 881930071 ou o correo electrónico: ceip.santamaria.aspontes@edu.xunta.gal

INFORMACIÓNS PARA O 3º TRIMESTRE

Prema na imaxe para ver o contido con máis detalle.

ACCESO WEBEX POR PARTE DO ALUMNADO

 

 

A Consellería de Educación puxo a disposición da comunidade educativa un servizo para poder facer videoconferencias entre mestres e alumnado de forma segura. Pódese acceder a través dun móbil, unha tableta ou un ordenador.

Para utilizalo, debedes seguir uns pasos que veñen moi ben explicados neste videotutorial.

https://www.youtube.com/watch?v=BUp6_7ZfcDk&feature=youtu.be

Neste enlace atópanse as instrucións en PDF.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/manual_usuario_webex_2020.pdf

 

Vémonos!

INFORMACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

 

INFORMACIÓN

 

Aquí poderedes aceder as novas instrucións para o terceiro trimestre.

INSTRUCIÓNS PROVISIONAIS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

COMUNICACIÓNS A TRAVÉS DA APLICACIÓN abalarMóbil

Resultado de imagen de imaxe abalar móbil

 

Informamos que as persoas que aínda non teñan descargada a aplicación abalarMóbil, deberán facelo para poder recibir avisos e notificacións.

As instrucións para descargar e usar abalarMóbil poden consultarse neste enlace.

Distribuir contido