Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actividades

Concurso escolar ONCE para asociacións

Dende a FAPA Ourense, como membros da CEAPA, achégannos esta iniciativa para animar ás familias a participar neste concurso. CEAPA colabora coa ONCE e o seu Concurso escolar, fomentando a participación das familias na accesibilidade dos centros educativos, mediante a creación dunha nova categoría (F) destinada ás asociacións de nais e pais. 

Só temos que propor un proxecto que promova a inclusión no noso centro escolar. O prazo de presentación remata o 31 de marzo. O mellor proxecto recibirá un premio de 3.000 € para facelo realidade. 

Para poder formar un grupo de traballo e participar no concurso, as persoas interesadas que o comuniquen ao correo electrónico da AFA (anpaceipsacoearce@hotmail.com) antes do 28 de febreiro. 

Para ampliar a información, pódese consultar a web do concurso:

 https://www.concursoescolaronce.es

 

 

Concurso literario protección de datos

 

Desde o Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, convócase o VI Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos con motivo do Día Europeo da Protección de Datos (28 de xaneiro).

 

Está dirixido a nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria e alumnas e alumnos de 1º a 4º de ESO. Poderán presentar os seus traballos literarios até o 28 de febreiro.

 

 

Pódense consultar as bases do concurso na web do CPEIG https://www.cpeig.gal/ ou no documento que se xunta.

 

 

Galiciencia 2022

A FAPA Ourense, achégannos información relativa a Galiciencia 2022, a maior fiera científica galega, dirixida a estudantado de primaria e secundaria. 

Desde o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) difunden esta información a través das ANPAS para que os pais e nais animen aos centros a participar neste tipo de actividades, sabendo o impacto positivo que pode ter nas crianzas. 

Galiciencia desenvolverase os días 11, 12 e 13 de maio e poderase participar de forma presencial ou online, presentando un proxecto, visitando a feira ou concursando con debuxos ou fotografías.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 17 - 18

Informamos das actividades extraescolares programadas para este curso 2017 - 2018 a partires do vindeiro Luns 2 de outubro:

      Fútbol: Luns de 16.00 a 17.00

      Danza creativa: Martes de 16.00 a 17.00

      Break Dance: Mércores de 16.00 a 17.00

      Xadrez: Xoves de 16.00 a 17.00

      Inglés: Venres de 16.00 a 17.00

      Natación: Martes e/ou Xoves de 17.15 a 18.00

Resultado de imagen de actividades extraescolares

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 17 - 18

Preparadas para a volta á escola??

Lembrámosvos que as actividades extraescolares ofertadas pola ANPA comezarán no mes de Outubro.

No mes de setembro recibiredes unha nota co fin de que tramitedes a inscrición na/s actividades. 

Moitas de vós participástedes na enquisa enviada no mes de xuño sobre as preferencias das vosas fillas/os (grazas por colaborar Guiño) e dende a ANPA estáse tratando de dar resposta cunha oferta de actividades baseada nas predileccións suxeridas polas familias.

Resultado de imagen de ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2016-2017

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES OFERTADAS POLA ANPA CURSO 2016/2017

Teatro. 

Actividades para nenas e nenos de educación infantil e primaria. 

De 16 a 17 hras os luns.

Imparte Tics Espazo Artístico e Creativo

Danza Creativa

Actividades para nenas e nenos de educación infantil e primaria. 

De 16 a 17 hras os martes

Imparte Tics Espazo Artístico e Creativo

Tenis

Actividades para nenas e nenos de primaria

De 16 a 17 os mércores

Imparte Natalia Gómez Pascual

Lembrade que tedes que asinar a autorización para que ese día non empreguen o autobús escolar de volta á casa. 

Calquera suxestión podedes escribirnos a través do correo ou facebook.

 

 

 

 

IMOS A PAZOLANDIA

O vindeiro luns 28 de decembro, vémonos en Pazolandia ás 10.45hras para gozar dunha xornada de xogos en familia e cos compis do cole Risa

Lembramos que na actividade poden participar tamén as/os irmáns de tódalas nenas e nenos.

Rogamos puntualidade, as entradas entregaranse ese mesmo día na entrada de Pazolandia.

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2015 - 2016

 

A actividade de inglés queda anulada.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes poñervos en contacto, e responderemos encantadas as vosas aportacións, suxestións ou dúbidas.

 

O vindeiro venres 2 de Outubro, comezan as actividades extraescolares, lembrámosvos os horarios e prezos das mesmas:

 

      Patinaxe: os luns de 16 a 17 hras. Custe: 10€/mes. Monitora: Carolina

      Inglés nativo: os mércores de 16 a 17hras. Custe: 13€/mes.Monitora: Angelica

      Rugby: os venres de 16 a 17.30hras. Custe: 10€/mes. Monitor: Marcos

Lembrade que si queredes inscribirvos nalgunha destas actividades que xa teñen grupo feito, podedes facelo Guiño.

Para as actividades de fútbol e natación, non se reuniron o número sufiente de nenas e nenos para levar a cabo a actividade.

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nós.

Bo comezo de curso para todas e todos Risa

 


 



 

ACTIVIDADES 2012 - 2013

AS ACTIVIDADES QUE FINALMENTE SE VAN A DESENRROLAR NO CURSO 12-13 SON

FUTBOL  xoves de 16.00 a 17.00   IMPARTE CLUB SDC ARRABALDO

PATINAXE  mercores de 16.00 a 17.00

ESTAMOS MIRANDO A POSIBILIDADE DE FACER UNHA ACTIVIDADE DE DANZA CREATIVA IMPARTIDA POR Patricia VARELA, TEN UNHA ACADEMIA DE BAILE NA RÚA CORUÑA   C.C. POSIO.

SI QUEREDES PARTICIPAR EN ALGUNHA DESTAS ACTIVIDADES  DEVOLVEDE CUBERTO O IMPRESO QUE VOS FAREMOS CHEGAR O ANTES POSIBLE

GARDERÍA 2012-2013

 BENVIDOS O CURSO  12-13

O SERVIZO DE GARDERÍA EMPEZARÁ O  PRIMERO DÍA, MERCORES 12, AS 07.30 HORAS ATA O COMENZO DAS CLASES.

O CUSTE SERÁ DE 22 EUROS MES E COBRARASE TODO O CURSO EN DÚAS VECES.


O Piripipí

Na actividade de Musicoterapia aprendemos esta canción:

Distribuir contido


by Dr. Radut