Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actividades

Pazolandia

A AFA do CEIP Saco e Arce de TOÉN temos reservado para o alumnado o día 28 de decembro en horario de mañá para ir a Pazolandia.

A AFA farase cargo do pago da entrada do alumnado das familias socias e de un acompañante por familia. As familias non socias poderán anotarse igualmente, pero terán que abonar o pago da entrada que será de 4€ por persoa (prezo especial por xestión do Concello de Toén).

Cada familia terá que desprazarse ata o recinto do Paco Paz en Ourense, alí xuntarémonos todas as familias para acceder coas entradas que teremos as persoas responsables da AFA.

Máis información en adxunto...

Magosto 2022

 

Familias e veciñanza, celebramos o magosto o 10 de novembro! Até o 7 de novembro podedes anotarvos, falando con Monse ou Iria. 

 

cartaz magosto 2022

Escola de pais e nais de FAPA Ourense.

FAPA Ourense presenta o proxecto Escola de Pais e Nais. Pola Igualdade de Xénero, que desenvolverá as súas actividades entre os meses de setembro e novembro de 2022 (Ver programa en adxuntos).

As charlas de Educación Sexual para familias están pensadas para resolver dúbidas e informar sobre a detección de conductas que non comprendemos ou como explicarnos ou falar de determinados temas. Na medida do posible organizaranse actividades infantís en paralelo que permitan conciliar durante a actividade de familias.

As familias interesadas deben enviar un e-mail a anpaceipsacoearce@hotmail.com, indicando o día da semana e o horario preferido (mañá ou tarde).

 

 

Actividades extraescolares 2022/2023

Para inscribirse nas actividades durante este curso escolar, é necesario cubrir a folla que se adxunta abaixo e entregala ás titorías de grupo (pode facelo o alumnado), até o venres 23 de setembro

As actividades comezarán en outubro e rematarán en maio. 

Cada familia pagará a actividade directamente á persoa responsábel da mesma. Na ficha de inscrición aparecen os custos de cada actividade, así como os días nos que se desenvolverán.

Na actividade de artes plásticas haberá que mercar o material específico, ademais de facer o pagamento mensual. Se hai máis de 15 solicitudes, farase un sorteo público para poder seleccionar só o número de alumnado participante que se pode asumir. Os lenzos para esta actividade, ao non poder ser transportados no autobús escolar, serán gardados na aula multiusos da escola.

Hai que lembrar tamén que para a actividade de patinaxe non se poden transportar os patíns no autobús escolar. Existe un espazo destinado a gardar os patíns na propia escola. 

As familias que aínda non son membros da AFA, poden asociarse en calquera momento. O procedemento é simple, trátase de enviar un e-mail ao enderezo da asociación (anpaceipsacoearce@hotmail.com) coa seguinte documentación:

- folla de inscrición cuberta (en anexo)

- xustificante de pagamento da cuota anual (20€) na conta da asociación ABANCA ES75 2080 5341 0130 4000 5338

   

Campamento de verán 2022

O Concello de Toén convida a todos os nenos e nenas, con idades entre 4 e 13 anos, a participar no CAMPAMENTO DE VERÁN 2022, cun amplo programa de actividades. 

O prazo de solicitude comprende do día 7 até o 17 de xuño.

Toda a información e a ficha de inscrición, pódese descargar nos documentos anexos.

 

Día Mundial do Medio Ambiente

Este 5 de xuño, desde a Comisión de Caminos Escolares y Medio Ambiente da CONFEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ASOCIACIONES DE PADRES Y MADRES DEL ALUMNADO, convídannos a sumarnos á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Toda a información, está no documento adxunto. 

Obradoiro de finanzas básicas

Baixo o título de "Primeiros pasos no dereito e na economía", a Asociación galega para a educación xurídica e económica (AGAEXE), levará a cabo este obradoiro co alumnado de 1º, 2º e 3º curso de Primaria, o día 20 de maio

Adxuntamos cartel da actividade. 

Charla sobre inmunoloxía

O día 11 de maio, alumnado de 4º e 6º de Primaria, participará nunha charla sobre "inmunoloxía", a cargo de Carmela Cela Rodríguez, investigadora neste eido e divulgadora científica.  

Repítese a charla do pasado 3 de marzo, colaborando coa Asociación A Ciencia é feminino, tratando de fomentar a igualdade, como un dos valores fundamentais para o alumnado. 

Adxuntamos cartel da actividade. 

II Certame "Tod@s somos científic@s"

Apradina la ciencia, asociación sen ánimo de lucro creada para difundir e apoiar a ciencia, convoca un novo certame "Tod@s somos científic@s".

 

O prazo de presentación de traballos remata o 29 de abril de 2022. Hai 3 categorías: infantil, primaria e ESO.

 

Na súa web podedes consultar as bases do certame e adxuntamos aquí cartel informativo.

 

Actividades conmemorativas 8M

O día 3 de marzo, alumnado de 5º e 6º de Primaria, participará nunha charla sobre "inmunoloxía", a cargo de Carmela Cela Rodríguez, investigadora neste eido e divulgadora científica. 

Colaborando coa Asociación A Ciencia é feminino, a AFA do Ceip Saco e Arce, inicia así á conmemoración do 8M. 

Adxuntamos cartel da actividade. 

Distribuir contido


by Dr. Radut