Skip to Content

PUBLICACIÓN RECTIFICACIÓN LISTAXES EMENDA DE SOLICITUDES DE BOLSA COMEDOR CURSO 2023/2024

Hoxe, 28 de xuño de 2023, publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, unha rectificación das listaxes de emenda das solicitudes presentadas á convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2023/2024.

Pódense consultar aquí.

Amplíase o prazo para a presentación da documentación requirida ata o 12 de xullo, incluído, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.



page | by Dr. Radut