Skip to Content

TRABALLO PARA 4º, 5º E 6º DE E. INFANTIL (3): DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Hoxe, 2 de maio, conmemórase o Día Internacional en contra do Acoso Escolar. Por iso dende o cole convidámoste a coñecer a historia de Mara, unha nena que pasou de ser unha orelluda a ter fermosas orellas de bolboreta.

E ti, que fas ante as burlas?

Anímate e colle lapis e papel para debuxar a Mara:

  1. ponlle grandes orellas,
  2. un vestido de mantel,
  3. pelo de estropallo...
  4. píntao todo moi ben
  5. e mándalle a foto ao titor/a.

Estamos desexando ver a fermosa Mara



page | by Dr. Radut