Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2021/22

 

Unha vez pechado o formulario, as familias que non realizasen a inscrición, deberán solicitalo no correo electrónico inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org ou nos teléfonos 649 055 939 e 698 158 503 en horario de 10 a 14 h e de 15 a 18 h.

Ábrese o prazo de inscripción nas seguintes actividades extraescolares que ofertamos a través da Federación de Anpas e do Concello. 

Todas as inscricións faranse online na web http://www.fedapascoruna.org/inscripciones

Para inscribirse tede en conta o seguinte: 

- Tedes que ser soci@s da Anpa (podedes facervos socios premendo aquí)

- Hai que aboar 4€ por nen@ en concepto de seguro, con independencia do numero de actividades ás que acuda.

- As persoas beneficiarias da bolsa comedor teñen dereito a calquera destas actividades de xeito gratuito.

Tamén comentar que igual alguna actividade non se chega a facer senon chegamos ao mínimo de 10 nenos.

 

PERÍODO DE REALIZACIÓN

Do 1 de outubro de 2021 ao 31 de maio de 2022.

 

COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 21/22 nos seguintes períodos:

• Período outubro-decembro: 15€ por participante e escola deportiva/obradoiro / 45€ por Inglés.

• Período xaneiro-marzo: 15€ por participante e escola deportiva/obradoiro / 45€ por Inglés.

• Período abril-maio: 10€ por participante e escola deportiva/obradoiro / 30€ por Inglés.

 

COLORÍN COLORADO. Contacontos

Actividade de contacontos que fomenta o gusto pola lectura á vez que potencia a imaxinación, curiosidade e a creatividade introducíndoos noutros mundos: reais ou fantásticos. Os contos, historias ou poemas permitirán expresarnos oral e corporalmente; inventando e recreando novos contos e personaxes, apropiándonos das palabras e desenvolvendo así valores estéticos e éticos. 

 

EUREKA! Ciencia Divertida

Descubrir a ciencia dunha maneira lúdica e divertida, a través da experimentación e a observación directa do mundo que nos rodea, fomentando a creatividade e o pensamento crítico. 

 

 

COMECOCOS. Xogos de Lóxica Matemática

A través da variedade de xogos de lóxica matemática como crebacabezas, ilusións ópticas, parellas, enigmas ou xogos de taboleiro, desenvolveranse habilidades cognitivas como a observación, atención, comprensión, memoria, organización, toma de decisións, xestión emocional e velocidade de pensamento. 

 

XENIOS. Xogos de Lóxica Matemática

A través da variedade de xogos de lóxica matemática como crebacabezas, ilusións ópticas, parellas, enigmas ou xogos de taboleiro, desenvolveranse habilidades cognitivas como a observación, atención, comprensión, memoria, organización, toma de decisións, xestión emocional e velocidade de pensamento. 

 

TEATRO. Dramatización

Experimentar o pracer de facer teatro, mediante o xogo escénico, a improvisación e a aprendizaxe de técnicas teatrais, desenvolvendo a expresión oral e corporal e mellorando a súa capacidade comunicativa, creativa e interpretativa, ademais de traballar habilidades sociais.

 

RECREARTE. Expresión Plástica e Creatividade

Coñecer diferentes materiais como feltro, gummy, lá, papel, materiais reutilizados, etc. empregando para iso técnicas como coser, colaxe, estampación, encadernación, etc. para realizar diversas manualidades dando como sempre un espazo a creatividade individual. O obxetivo é potenciar o sentido artístico, a imaxinación e a autonomía e a diversidade de intereses valorando á vez as producións dos compañeiros. 

ENREDADOS. Novas tecnoloxías.

Descubrir e coñecer a utilidade e o manexo das novas tecnoloxías como ferramenta e complemento á formación dos nenos e nenas, iniciándoos no manexo básico do ordenador ou tableta e fomentando o seu uso razoable e responsable. Os contidos serán: - A introdución á informática e contorna Windows; - O procesador de texto; - Presentacións en power point ou otras app; - Internet, procuras guiadas; O correo electrónico. Os contidos desenvolveránse segundo o nivel do grupo.



page | by Dr. Radut