Skip to Content

Activ. colectivas

MAGOSTO 2023

Álbum: CURSO 2023-2024 -> MAGOSTO 2023

O venres festexamos o tradicional magosto. Comezamos a mañá prendendo os fogóns e enchendo aos poucos as potas coas castañas. Coa primeira tixolada delas, un grupiño de nenos e nenas de Infantil fomos elaborando sobres agasallo con tres castañas (lembrade a canción). Para que? Para levárllelos os pequenos e pequenas da EIM Agra do Orzán. A xentiña da escola infantil quedou encantada.

SAMAÍN 2023 NO COLEXIO

Álbum: CURSO 2023-2024 -> SAMAÍN 2023

Onte celebramos o Samaín no colexio cunha chea de actividades. Por exemplo, un cento de cabazas decoradas para a ocasión lucían no vestíbulo, sorprendendo coa súa orixinalidade e neste martes (que non era 13) tocaba disfrazarse. Bótalle un ollo as imaxes de enriba!

Durante toda a mañá, por clases, tamén fomos visitando O Samaín Rebuldeiro, un túnel do terror montado no ximnasio do colexio. Pasear por el converteuse nunha experiencia arrepiante. preme aquí para velo!

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Día europeo das linguas

Hoxe é o día europeo das linguas, por iso no cole sacamos as nosas, todas diferentes pero ben fermosas!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2023

A semana pasada celebramos por todo o alto, coma sempre, o noso Festival Fin de Curso 2023. Unha gala coa temática das emocións como trasfondo.

Aquí vos deixamos cunha reportaxe gráfica cos vídeos (preme na lista de reprodución de embaixo) do evento.

Distribuir contido


by Dr. Radut