Skip to Content

Activ. colectivas

VOTA AS TÚAS CABAZAS FAVORITAS

Xa temos aquí a exposición das cabazas que mandastes. Grazas a todos e todas por participardes.

Agora tócavos decidir cales serán as premiadas este ano. Se premes na imaxe de enriba ou aquí, poderedes votar as vosas favoritas. Tedes de prazo ata domingo, 15 de novembro.

SAMAÍN 2020

Álbum: CURSO 2020-2021 -> Samaín 2020

Como todo nestes tempos duros e atípicos, o Samaín deste curso foi diferente. Por exemplo, este ano non puidemos montar o noso prato forte: o Samaín Rebuldeiro. Pero iso non nos impediu ver (cada un/nha na súa clase, claro) xente vestida de todo tipo de terroríficos disfraces. Enriba podes ver unha escolla de case cen fotos do que fixemos hoxe.

Se queres ir a unha imaxe concreta e non ao pase de fotos, preme nesta de embaixo.

EXPOSICIÓN-CONCURSO VIRTUAL DE CABAZAS 2020

Dende o equipo de actividades complementarias e extraescolares (EACE) propoñemos a realización dunha exposición virtual de cabazas.

As cabazas elaboraranse na casa e mandaranse as fotos ao correo 2020eace@gmail.com. No asunto debes poñer o nome do/a alumno/a e o curso. O prazo de envío remata o luns, 2 de novembro.

Colgaranse as fotos na web. Os participantes terán un diploma de participación e premiarase a orixinalidade.

EACE

FESTA DO ENTROIDO 2020

Álbum: CURSO 2019-2020 -> Entroido 2020

Presentámosvos a reportaxe gráfica da celebración do noso Entroido. Hai que admitilo: somos un cole de conto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut