Skip to Content

Curso 2020/21

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021

INFORMACIÓN  E CALENDARIO DO PROCESO DE  ESCOLARIZACIÓN
 
RESOLUCIÓN CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN 
WEB DA CONSELLERÍA
Publicadas no taboleiro do Centro as listaxes definitivas de admisión de alumnado.
Todas as solicitudes de 4º de infantil presentadas en prazo foron admitidas.
Formalización da matrícula: 1 ao 10 de xullo.

AXENDA ESCOLAR

Non merquen a axenda escolar para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria xa que será proporcionada polo Centro.

PERÍODO ADAPTACIÓN INFANTIL

 Os días 10 e 11 de Setembro farase un pequeno período de adaptación para os nenos/as de 4 e 5 anos para explicarlles os hábitos de hixiene, distanciamento social, rutinas de traballo, xogo, normas de principio de curso, entradas, saídas...

Máis información sobre as quendas de 4 e 5 anos

Máis información sobre as quendas de 3 anos

RECOLLIDA VALES E FONDOLIBROS

A partir do mércores, 8 de xullo, poden recoller os VALES das axudas de material escolar de 1º a 6º e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria  os/as solicitantes que teñen dereito aos mesmos, preferentemente en horario de 10 a 13.

Publicadas as listas provisionais de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.

Publicadas as listas definitivas de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.

Información importante.

AXUDAS COMEDOR, MATERIAL ESCOLAR E ACT. EXTRAESCOLARES

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este luns a convocatoria de becas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (2º ciclo) e de educación primaria obrigatoria para o curso 2020/2021. Polo tanto, a partir deste martes, 30 de xuño, ábrese un prazo de 15 días hábiles para presentar as solicitudes.

Máis información

MATRÍCULA COMEDOR E MADRUGADORES

Aberto do 30 de xuño ao 14 de xullo o prazo para solicitar o servizo de comedor e madrugadores do curso 2020/2021

Máis información

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

Nota informativa: O Centro participará no proxecto de educación  dixital (E-Dixgal) para 5º e 6º no curso 2020/21. O alumnado matriculado neses cursos está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

ENLACE WEB CONSELLERÍA                   ANEXO I          ANEXO II                

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Distribuir contido


by Dr. Radut