Curso 2020/21

DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DE 6º DE 2021

ACTO DE DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DO CURSO 2020/2021

RECOLLIDA HISTORIAIS 6º PRIMARIA

As titoras de 6º faranlles entrega dos historiais académicos de educación primaria o día 28 de xuño en horario de 10 a 12. Os pais/nais, titores/as legais que non poidan vir ese día poderán recoller dita documentación en secretaría en horario de 9 a 14.

REPRESENTACIÓNS

Obras de teatro dos nenos e nenas de Atención Educativa.

5 ANOS A (A GALIÑA ROXA) 5 ANOS B (CORRE,CORRE CABACIÑA)

INTERCAMBIO CULTURAL

Intercambio cultural co Brasil. O pasado 9 de xuño tivemos a oportunidade de realizar un intercambio cultural con alumnado do estado de Paraná (Brasil). Compartimos cancións, bailes, experiencias unha lingua moi parecida. foi unha actividade moi enriquecedora que agardamos repetir noutras ocasións!

ENTREGA DE PREMIOS

Hoxe, 18 de xuño, realizouse a entrega de premios aos gañadores/as do concurso organizado pola ANPA. Aquí tedes a galería de fotos.

ENCONTRO CON MARTA CABALEIRO

Hoxe como broche final despois de traballar durante todo o curso dentro do proxecto NamorARTE, tivemos unha charla por videoconferencia coa pintora Marta Cabaleiro. Os nen@s de terceiro charlamos con ela sobre o traballo e as súas obras. foi moi interesante e motivador e, dende o Centro, queremos agradecerlle a súa implicación co alumnado.

FRASES POLA CONVIVENCIA

Alumnos e alumnas de  2º, 5º e 6º de EP participaron no concurso organizado pola ANPA para promover o respecto e a convivencia. Neste vídeo podedes ver unha mostra das "Frases pola convivencia" realizadas. 

GRANXA-ESCOLA

  PRESENTACIÓN FEITA POLO ALUMNADO DE 5ºA


 

NAMORARTE DE GALICIA

Na aula de 4 anos B sentímonos orgullosos/as da nosa terra, da nosa lingua, da nosa xente, da nosa cultura, do noso "Bo Camiño" 

RADIO FURELO. 3 ANOS B

Emisión do 7 de xuño: "O que máis me gusta facer no Cole", por 4º de infantil B.