Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital ademais deberá achegar á sede electrónica o anexo bis dixitalizado.
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada, presencialmente no centro. Tedes para descargar e imprimir o anexo nos documentos adxuntos.
O alumnado que obtivo praza neste centro, pode formalizar a matrícula cumprimentando o ANEXO III,DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO, xunto a seguinte documentación:
Fotocopia dos DNI.
Fotocopia do libro de familia.
Certificado de empadroamento actualizado da unidade familiar, sempre que cambiase a situación.
Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.
Autorización de permiso de imaxe e saídas extraescolares.
Cuestionario uso da lingua.
Certificado que acredite minusvalía do alumno/a, se procede.
Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
2 fotos tamaño carné
Pódense descargar os impresos nos documentos adxuntos ou ben solicitalos na conserxería do centro.
Para resolver o empate na puntuación final no curso 2023/2024, terase en conta o número 0,69, resultante do sorteo público, dividido entre 100 (69/100).
ANTES DO
1 DE MARZO
PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES
DO 1 AO 20
DE MARZO
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN
O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado:
Os formularios estarán dispoñibles o 1 de marzo de 2023
a) A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.
As persoas solicitantes poderán:
- Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).
- Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería dirección (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849) ou nos arquivos adxuntos para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial.
Os documentos que acrediten puntuación débense entregar no Centro 2 días despois do remate do prazo de presentación.
Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática.
Corresponde ao consello escolar dos centros públicos decidir sobre a admisión de alumnado e nos centros privados concertados, a decisión correspóndelle á súa titularidade coa participación do consello escolar.
O 25 DE ABRIL
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS (PRAZO DE RECLAMACIÓN DE 5 DÍAS HÁBILES) Xa están publicadas no taboleiro de entrada do centro educativo.
O 15 DE MAIO
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. Xa están publicadas no taboleiro de entrada do centro educativo.
DO 20 AO 30 DE XUÑO
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN:
A súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
b) Non presencial: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre
O alumnado que obtivo praza neste centro, pode formalizar a matrícula cumprimentando o ANEXO III,DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO, xunto a seguinte documentación:
Fotocopia dos DNI.
Fotocopia do libro de familia.
Certificado de empadroamento actualizado da unidade familiar, sempre que cambiase a situación.
Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.
Autorización de permiso de imaxe e saídas extraescolares.
Cuestionario uso da lingua.
Certificado que acredite minusvalía do alumno/a, se procede.
Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
2 fotos tamaño carné
Pódense descargar os impresos nos documentos adxuntos ou ben solicitalos na conserxería do centro.
Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2022/2023, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "V" e "U"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "A" e "Z".
ANTES DO
1 DE MARZO
PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES
1 A 21 DE MARZO
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN
O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado:
Os formularios estarán dispoñibles o 1 de marzo de 2022
a) A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.
As persoas solicitantes poderán:
- Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).
- Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería dirección (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849) ou nos arquivos adxuntos para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial.
Os documentos que acrediten puntuación débense entregar no Centro 2 días despois do remate do prazo de presentación.
Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática.
Corresponde ao consello escolar dos centros públicos decidir sobre a admisión de alumnado e nos centros privados concertados, a decisión correspóndelle á súa titularidade coa participación do consello escolar.
ANTES DO 25 DE ABRIL
*PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS (PRAZO DE RECLAMACIÓN DE 5 DÍAS HÁBILES)
ANTES DO 15 DE MAIO
*PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
DO 20 AO 30 DE XUÑO
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN:
PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO CON DATA 21/04/2022. A súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
b) Non presencial: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre
Quedando admitido todo o alumnado que presentou a solicitude en forma e prazo para os cursos onde había vacantes.
*Seis postos de infantil 3 anos están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae).
**Seis postos de 1º de primaria están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae).
CALENDARIO
11 DE XANEIRO A 8 DE FEBREIRO
RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA AOS CENTROS ADSCRITOS (IES DE PONTEPEDRIÑA E IES DE SAR) Deberase presentar no centro de orixe ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado
ÁS 10:30, no Salón de actos nº 2 (pequeno) da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela. SORTEO PÚBLICO A EFECTOS DE DESEMPATE
ATA O 1 DE MARZO
PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES
1 A 22 DE MARZO
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN (XUNTO COA FOTOCOPIA COTEXADA DO LIBRO DE FAMILIA OU DNI DO ALUMNO/A)
As solicitudes de admisión presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
A) Cubrindo os datos na aplicación e entregandoa no Centro co código xerado
B) Presentando a solicitude en Sede Electrónica desde a aplicación
Tamén se poderán presentar sen empregar a aplicación de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado (ED550B/Anexo II)
10 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DOS DOUS DÍAS SEGUINTES AO REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN
PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN
Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática. Os demáis documentos que acrediten puntuación débense entregar no Centro.
ATA O 25 DE ABRIL
*PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS (PRAZO DE RECLAMACIÓN DE 5 DÍAS HÁBILES 3 DÍAS HÁBILES)
ATA O 15 DE MAIO
*PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
DO 20 AO 30 DE XUÑO
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
Artigo 18. Cómputo de prazos
Para efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e matrícula do alumnado, cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.
*As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas serán elaboradas, exclusivamente, mediante a aplicación admisionalumnado, e a súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de publicación (exemplo: os taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do Centro).
b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se considerará válido ningún outro medio electrónico de publicación (exemplo: as listaxes en aberto na páxina web propia do centro educativo). Non obstante, nas páxinas web poderase anunciar o momento en que as listaxes estean dispoñibles na aplicación.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN:
PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO CON DATA 15/04/2021. A súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
b) Non presencial: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN:
PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO CON DATA 11/05/2021. A súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma: