Complementarias

INTERCAMBIO CULTURAL

Intercambio cultural co Brasil. O pasado 9 de xuño tivemos a oportunidade de realizar un intercambio cultural con alumnado do estado de Paraná (Brasil). Compartimos cancións, bailes, experiencias unha lingua moi parecida. foi unha actividade moi enriquecedora que agardamos repetir noutras ocasións!

ENCONTRO CON MARTA CABALEIRO

Hoxe como broche final despois de traballar durante todo o curso dentro do proxecto NamorARTE, tivemos unha charla por videoconferencia coa pintora Marta Cabaleiro. Os nen@s de terceiro charlamos con ela sobre o traballo e as súas obras. foi moi interesante e motivador e, dende o Centro, queremos agradecerlle a súa implicación co alumnado.

NamorARTE en galego

O alumnado do CEIP Ramón Cabanillas traballa a arte galega a través do Proxecto de Centro "NamorARTE en galego". Neste espazo atoparedes as obras de arte que os pequenos e pequenas artistas foron facendo ao longo do curso. 

EDUCACIÓN VIAL

Entrega de agasallos ao alumnado de 6º de primaria pola súa participación na campaña de seguridade vial organizada pola Policía Local de Santiago, da que recibiron  unhas charlas didácticas no noso Centro.

CHARLA

Hoxe as rapazas e rapaces do 3º curso tivemos unha charla coa autora do libro "OS MINIMORTOS" Ledicia Costas.