Novas

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2021/2022

MÁIS INFORMACIÓN  E CALENDARIO DO PROCESO DE  ESCOLARIZACIÓN
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN:
PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO CON DATA 11/05/2021. A súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

b) Non presencial: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre

AVISO FAMILIAS 2º, 3º e 4º PRIMARIA

Atención ás familias participantes no Proxecto ELISA! 

 

A segunda etapa do ELISA está en marcha, e require da vosa colaboración: 

O equipo ELISA préganos seguir participando cubrindo o cuestionario que se atopa en: https://underisk.gal/t/elisa/gal/test 

As familias participantes reciben instrucións específicas por e-mail. 

Pode acceder a toda a información sobre o proxecto vía facebook: www.facebook.com/proxectoELISA/ 

CONCURSO

Desde a Federación de ANPAS Compostela infórmannos que un ano máis teñen posto en marcha o 3º Concurso de Fotografías pola Igualdade.

Máis información clicando na imaxe.

ENQUISA

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, están dispoñibles as enquisas de diagnose para identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos no Centro.Poderá cubrilo todo o profesorado, persoal non docente, alumnado de 5º e 6º de Primaria e as familias de todo o alumnado, do 12 ao 29 de abril de 2021 (ambos incluídos). A cada participante entrégase dende o Centro unha clave para introducir na aplicación correspondente:

Familias  en https://www.edu.xunta.gal/convfamil
Alumnado de 5º e 6º de Primaria en https://www.edu.xunta.gal/convobrig
Alumnado con necesidades especiais en https://www.edu.xunta.gal/convee
Profesorado en https://www.edu.xunta.gal/convdoce
Persoal non docente en https://www.edu.xunta.gal/convpas

Instamos a participar neste proceso dada a súa importancia. Dispoñen de más información, guías e manuais  na propia páxina.

CHARLA EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

Información de acceso á charla de Ana Belén Montesa sobre educación afectivo-sexual para pais/nais, titores/as legais que terá lugar hoxe 1 de marzo, ás 19:15,  por videoconferencia.

Dende o curso 2015/2016 a psicóloga Ana Belén Montesa achégase ao Centro para impartir  charlas didácticas sobre educación sexual, neste ano para o alumnado de 4º a 6º de primaria.

AVISO

Atendendo ás novas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma, as citas para as titorías dos distintos niveis e especialidades realizaranse de xeito non presencial (ata o 17 de febreiro).

PROGRAMA MUNICIPAL CONCILIACIÓN NADAL

Aberto ata o 14 de decembro o prazo de matrícula no Programa  Municipal de Conciliación para o Nadal 2020.

MÁIS INFORMACIÓN                              IMPRESO DE MATRÍCULA

CURSO 2020-2021: ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

Este Plan de Adaptación do CEIP Ramón Cabanillas á situación COVID19 redactado polo Equipo COVID do centro, en base ás instrucións actualizadas da Consellería de Educación, ás aportacións realizadas pola comunidade educativa do centro (profesorado,ANPA e persoal non docente) está pendente de completar e actualizar coas medidas solicitadas ao Concello de Santiago de Compostela (empresa de limpeza e comedor) e ás empresas do transporte escolar, tras o que será definitivo.

PLAN COVID CEIP. RAMÓN CABANILLAS  (VERSIÓN 4.0)

PROTOCOLO XERAL (ACTUALIZACIÓN 4 /11/2020)

PLAN DE CONTINXENCIA  (ACTUALIZACIÓN NOVEMBRO 2020)

ENTRADAS E SAÍDAS ESPAZOS DE RECREOS