ARQUIVO DE NOVAS GALERÍA DE FOTOS GALERÍA DE VÍDEOS AULA VIRTUAL
Estimadas familias:
Tedes a vosa disposición na web(como arquivo adxunto) ou no centro o impreso para a actualización de datos por se algunha familia cambiou teléfonos, enderezos, conectividade...De ser así por favor cubrídeo e entregádeo no colexio.
A dirección.
Estimadas familias:
Nos arquivos adxuntos tedes toda a información sobre o programa EDIXGAL . Programa destinado ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
clica na imaxe para acceder ao documento.
LISTADO MATERIAL 1º CURSO PRIMARIA modificado
LISTADO MATERIAL 2º CURSO PRIMARIA modificado
LISTADO MATERIAL 3º CURSO PRIMARIA
* O ALUMNADO PODE SER IDENTIFICADO POLAS FAMILIAS ATENDENDO ÁS INICIAIS DO ALUMNO/A DO CENTRO (1º APELIDO 2º APELIDO, NOME)
O material e libros de texto (Proxecto Croqueta 1º trimestre no caso do alumnado de 4 anos) de educación infantil traerase ao Colexio o 6 de setembro de 10 a 13h, o resto dos libros permanece na casa ata novo aviso, as titoras.
O libro de inglés traerase tamén en setembro.
Material 3 anos | Material 5 anos |
A partir do luns 10 de xullo, poden recoller os VALES das axudas de material escolar de 1º a 6º e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria os/as solicitantes que teñen dereito aos mesmos, preferentemente en horario de 10 a 13.
Publicadas as listas provisionais de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.
Publicadas as listas definitivas de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.
Os interesados poderán consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación no menú "Cidadán".
Á atención das familias de alumnado que teñen concedida praza en Educación Infantil de tres anos para o curso 2023-2024.
Terán unha reunión colectiva co profesorado o mércores 28 de xuño, ás 13:00 horas, na Biblioteca do cole.
Lémbraselles que deben formalizar a matrícula dos seus fillos e fillas do 20 ao 30 de xuño.
O pasado venres celebramos un pequeno acto de homenaxe aos alumnos e alumnas de 6º que durante este curso fixeron unha excelente labor como colaboradores e colaboradoras da Biblio Furelo. Sen dúbida, estes rapaces e rapazas foron unha peza fundamental na posta en marcha deste espazo que, pouco a pouco, comeza a retomar a súa actividade.
Unha vez máis, GRAZAS!!! Sodes xeniais, seguro que todo irá ben na nova etapa!!!
Nicolás, de 4ºB, presenta o "Xa o di Esther" máis enxebre do curso!
O alumnado que obtivo praza neste centro, pode formalizar a matrícula cumprimentando o ANEXO III, DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO, xunto a seguinte documentación:
Pódense descargar os impresos nos documentos adxuntos ou ben solicitalos na conserxería do centro.
Celebrouse este curso o 1º Concurso de Fotografía Matemática no Ramón Cabanillas.
Nel participaron todolos alumnos do 3º curso de Primaria
Sendo premiados co
1º Premio: Olivia de 3º B
2º Premio: Cayetana de 3º A
3º Premio: André de 3º A
Parabens!!! a os premiados
Moitas Grazas a todos por participar
Noa, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre as palabras máis doces da nosa lingua!
Con moitivo dos premios Día da Nai Terra, hoxe o alumnado premiado saíu a plantar cadanseu a súa árbore... Imos ir vendo se, ao longo dos anos, recollemos os merecidos froitos da perseverancia, a ilusión que aporta o coidado da Terra.
Grazas a ANPA e a todo o profesorado e alumnado que participou. Noraboa.
Lola, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre o verbo dicir. Un saúdo para Sira!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer