Curso 2019/20

SUXERENCIAS DE LECTURA PARA O VERÁN

Pica na imaxe e accede ao blog da Biblio onde atoparás interesantes libros para ler neste verán.

RECOLLIDA HISTORIAIS 6º PRIMARIA

As titoras de 6º faranlles entrega dos historiais académicos de educación primaria o día 29 de xuño en horario de 10 a 12 (6ºA) e 12 a 14 (6ºB). Os pais/nais, titores/as legais que non poidan vir ese día poderán recoller dita documentación en secretaría en horario de 9 a 14.

RECOLLIDA E DEVOLUCIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

AVISO IMPORTANTE

Información das datas e quendas para a devolución e recollida do material escolar. Asimesmo, nese mesmo día, poderase tramitar a solicitude de uso ou renovación do servizo de transporte escolar para o curso 2020/2021.

Tamén se entregarán libros e mochilas viaxeiras pendentes de devolución da Biblio.

INFORMACIÓN POR CURSOS

10 DE XUÑO. EMISIÓN 4 ANOS A

QUÉ CHE GUSTARÍA FACER CANDO VOLVAS AO COLEXIO?

Escoita as respostas da aula de 5º de Infantil A

2 DE XUÑO: EMISIÓN 3 ANOS B

Escoitamos os desexos confinados do alumnado de 4º de Infantil B.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE - 5 de xuño 2020

O tema deste ano : BIODIVERSIDADE

Co obxecivo de fomentar e promover a acción para a protección do planeta, parte do noso alumnado lanza unha chamada á acción para combatir a acelerada perda de especies e a degradación do medio natural.

RADIO FURELO. 5 ANOS A

A emisión de hoxe é do alumnado de 6º de infantil A. Cóntannos cómo foron as súas primeiras saídas á rúa e tamén nos agasallan con pareados cos seus nomes.

CELEBRAMOS O 17 DE MAIO

      Dende o EDLG do CEIP Ramón Cabanillas as grazas a todos/as queremos dar pola vosa colaboración e axuda e o Día das Letras Galegas poder festexar.
      Se todos os pareados queres ver, terás que ir á nosa páxina web.
E se o teu pareado queres atopar, no noso mosaico terás que pinchar.
 
           
               
           
   
           
               
           
 
                 
   
         
                 
     
         
                 

Ou neste video

as túas rimas ollar.