Skip to Content

Curso 2020/21

CONMEMORACIÓN

MAGOSTO 2020

O día 11 de novembro celebramos un magosto diferente, non puidemos degustar as castañas pero disfrutamos doutras actividades na aula e no patio.

RADIO FURELO 6ºB

O alumnado de 6º B recoméndavos a lectura dos seus libros favoritos.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

––ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). (DOG 13/11/2020)

MÁIS INFORMACIÓN 

BENEFICIARIOS/AS    PRESENTACIÓN SOLICITUDES     PRAZO    ANEXOS

ANEXO I ACTUALIZADO

Serán beneficiarias e non precisan presentar ningunha solicitude aquelas familias ás que se lles concedeu o vale de axuda para material escolar no curso actual.

PREMIO

Diego del Río Carracedo, de 4ºA, resultou gañador do I Concurso de debuxos para centros escolares 2020 "Xosé Antón García. Debuxando o noso patrimonio" na categoría de 3º e 4º de primaria, organizado polo Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, coa súa obra "Arco de Mazarelos na Zona Vella"

HISTORIAS DE MEDO

TRABALLOS DO ALUMNADO DE 5ºB que se animaron a participar nas propostas de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca, creando e contando as súas propias historias de medo. Agardamos que vos asusten. Clica en cada imaxe.

RADIO FURELO 6ºA

Benvidos/as un curso máis a Radio Furelo. A nosa primeira emisión é sobre COVID-19

SAMAÍN 2020

EDUCACIÓN VIAL

Como en cursos anteriores, dous membros da Policía Local ofreceron unha charla didáctica sobre educación vial ao alumnado de 4º de primaria.

SAMAÍN NA BIBLIO

Este ano non poderemos celebrar o Samaín no espazo da biblio, pero iso non quere dicir que non vaiamos compartir as vosas historias máis terroríficas con todas as aulas do Cole.

Tedes máis información no Blog da Biblioteca

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

LIGAZÓN WEB CONSELLERÍA

AVISO

Co fin de garantir a seguridade e hixiene  persoal no colexio, aconséllase non traer xel  hidroacohólico por parte do alumnado (e moito menos pulverizadores), excepto aqueles que acheguen unha  prescrición médica para tal fin, xa que o Centro dispón de dispensadores que proporcionan xel  e xabón (marcas rexistradas e homologadas) en todas as súas dependencias.

INFORMACIÓN COLECAMIÑOS

INFORMACIÓN XERAL PULSEIRAS

CALENDARIO DAS REUNIÓNS INFORMATIVAS

Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro.

HABERÁ DISTNTAS QUENDAS EN CADA GRUPO, CADA FAMILIA SERÁ AVISADA PARA SABER EN QUE QUENDA LLE CORRESPONDE.

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO DÍA HORA
3 ANOS NON PRESENCIAL  
4 ANOS NON PRESENCIAL  
5 ANOS NON PRESENCIAL  

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO DÍA HORA
1ºA NON PRESENCIAL, DARASE AVISO
 
1ºB REALIZADA NON PRESENCIALMENTE  
2ºA/B NON PRESENCIAL, DARASE AVISO  
3ºA/B/C LUNS, 5 DE OUTUBRO

17:00  a 17:30 /17:30  a 18:00

4ºA/B MÉRCORES, 7 OUTUBRO 17:00 a 18:30
5ºA/B MARTES, 29 DE SETEMBRO 17:30
6ºA/B MARTES, 13 DE OUTUBRO  17:00 a 18.30

    

AVISO COMEDOR ESCOLAR

Se algún usuario/a de comedor ten dúbidas na súa inscrición pode poñerse en contacto co encargado do mesmo:

E-mail:

comedorramoncabanillas@alimentacionsaludablegallega.com

Tfno.:628071775

MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021

INFANTIL 3 ANOS 4 ANOS

5 ANOS

PRIMARIA

INICIO DO CURSO

O curso escolar en Galicia comezará o 10 de setembro coa incorporación gradual do alumnado. Os primeiros en incorporarse ás aulas o xoves 10 serán os alumnos de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil; 1º, 2º e 3º de Educación Primaria; e Educación Especial. Ao día seguinte, o 11 de setembro, iniciarán o curso escolar os alumnos de 6º de Educación Infantil e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Deste xeito, o venres día 11 estarían xa incorporados ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria.

Enlace Web Consellería

O luns publicarase o  horario detallado de entradas e saídas por cursos, adiantamos que uns grupos entrarán ás 9:00 e outros ás 9:10 e sairán ás 13:50 e ás 14:00

BECAS NEAE

Publicada no BOE (08/08/2020) a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Prazo de presentación: 30 de setembro de 2020

Máis información

Distribuir contido


by Dr. Radut