Admisión 2012-2013


7. PRAZO DE MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO. DOCUMENTACIÓN NECESARIA

Os alumnos/as admitidos deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño. O non facelo implicará a perda da praza.

DOCUMENTACIÓN:

  • Sobre de matrícula (descargar aquí ou recoller na secretaría do centro)
  • 3 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinas
  • Certificado médico (non ten por que ser oficial)
  • Documentación ANPA (comedor, madrugadores, etc.)
6. ALUMNADO ADMITIDO ADXUDICADO POLA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN
 
5. LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS 

9 de maio. Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo de un mes).

4. LISTAXES PROVISIONAIS E PRAZO DE RECLAMACIÓNS

Listaxes provisionais de admitidos e excluídos. Estas listaxes poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles.

3. PRAZAS E SOLICITUDES

 

 
NIVEL    VACANTES
RESERVA (*) TOTAL   SOLICITUDES
4º EI (3 ANOS) 66  9  75 79
5º EI (4 ANOS) 0   0 3
6º EI (5 ANOS) 0 0 2
1º EP 2 2
2 4
2º EP 0       0 2
3º EP 0 0 0
4º EP 1 1 3
5º EP 3 3 5
6º EP 1 1 2
TOTAL   82 100

* Prazas reservadas para a súa posible adxudicación por parte da Comisión de Escolarización a alumnado con Necesidades Educativas Especiais.

 

2. DOCUMENTACIÓN
 
1. PRAZOS
1 a 15 de FEBREIRO   Reserva de praza para o centro de adscrición de secundaria (só para alumnos/as de 6º que se adscriban ao IES Rosalía de Castro).
1 de MARZO   Publicación das vacantes que hai no centro.
1 de MARZO   Sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2012/13.As letras resultantes no sorteo son "EO".
1 de MARZO ao 10 de ABRIL   Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia do libro de familia ou do DNI e a documentación xustificativa.
15 de MARZO  

Xornada de portas abertas. 15 de marzo ás 17:00h na aula de vídeo. Nesta actividade informarase do funcionamento xeral do centro, mostraranse as instalacións e responderase as dúbidas que se teñan a respecto.

Antes do 30 de ABRIL   Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (pódese reclamar nos 5 días seguintes).
    Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo de un mes).
20 ao 30 de XUÑO   Formalización da matrícula dos alumnos/as admitidos.