Admisión 2010-2011


6. ALUMNADO ADXUDICADO POLA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN
Relación de alumnos aos que a comisión de escolarización do Concello de Santiago lle asignou praza neste centro para o vindeiro curso escolar 2010-201

5. LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. 12/05/2010

Estas listaxes poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o titular do Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de UN MES contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

MOI IMPORTANTE: Os alumnos admitidos deberán facer a MATRÍCULA do 20 ao 30 de Xuño. O non facelo implicará a perda da praza. (Os sobres de matrícula estarán dispoñibles a partir do 15 de xuño na secretaría do centro)


4. LISTAXES PROVISIONAIS E PRAZO DE RECLAMACIÓNS

Estas listaxes poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de CINCO días hábiles (do 3 ao 7 de maio). Xunto coa reclamación, presentarase tamén a documentación xustificativa. O mércores 12 de maio publicaranse as listaxes definitivas de alumnado admitido e excluído.


3. PRAZAS E SOLICITUDES. Actualizado a 6 de abril.

 

 
NIVEL    VACANTES
RESERVA (*) TOTAL   SOLICITUDES
4º EI (3 ANOS) 66  9  75 77
5º EI (4 ANOS) 0
  0 0
6º EI (5 ANOS) 0 0 2
1º EP 0 0
0 0
2º EP 0       0 0
3º EP 2 2 2
4º EP 2 0 0
5º EP 0 0 0
6º EP 0 0 1
TOTAL   77 82
* Prazas están reservadas para a súa posible adxudicación por parte da Comisión de Escolarización a alumnado con Necesidades Educativas Especiais.

2. DOCUMENTACIÓN
 

1. PRAZOS 
  1. Do 1 ao 15 DE FEBREIRO: Reserva de praza para o centro de adscrición (só para alumnos/as de 6º que se adscriban ó IES Rosalía de Castro).
  2. 1 de MARZO: Publicación das vacantes que hai no centro.
  3. 1 de MARZO: Sorteo público na Consellería para determinar a orde de preferencia nos casos de empate.
  4. Do 1 de MARZO ao 6 de ABRIL: Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia do libro de familia ou do DNI. Pódese presentar xa a documentación xustificativa (ver punto 5).
  5. Do 1 ao 20 de ABRIL: Presentación de documentación xustificativa (só en caso de que houbera máis solicitudes que prazas ofertadas).
  6. Antes do 30 de ABRIL: Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (pódese reclamar nos 5 días seguintes).
  7. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Delegado Provincial no prazo de un mes).
  8. Do 20 ao 30 de XUÑO: Formalización da matrícula dos alumnos/as admitidos.

IMPORTANTE: O día 11 de Marzo, Xoves, ás 17:00 horas, celebrarase neste centro unha reunión informativa, na que o Director explicará o funcionamento do Centro e lles mostrará as instalacións, respondendo tódalas dúbidas que poidan ter.