Admisión 2009-2010


5. LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. 13/05/2009 
Do 20 ao 30 de xuño  (Os sobres de matrícula estarán dispoñibles a partir do 15 de xuño na secretaría do centro). Deben formalizar a matrícula todos os alumnos admitidos (Ver listaxes a continuación). O non facelo implicará a perda da praza

Deben formalizar a matrícula todos os alumnos admitidos (Ver listaxes a continuación). O non facelo implicará a perda da praza.


4. LISTAXES PROVISIONAIS E PRAZO DE RECLAMACIÓNS.
 
Estas listaxes poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o titular da delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de UN MES contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

3. PRAZAS E SOLICITUDES. Actualizado a 31/03/2009

 

 
NIVEL    VACANTES
RESERVA (*) TOTAL   SOLICITUDES
4º EI (3 ANOS) 66  9  75 87
5º EI (4 ANOS) 0
  0 5
6º EI (5 ANOS) 2 2 4
1º EP 0 2
2 8
2º EP 0       0 0
3º EP 0 0 0
4º EP 0 0 2
5º EP 0 0 0
6º EP 4 4 1
TOTAL   83 107
* Estas 9 prazas están reservadas para a súa posible adxudicación por parte da Comisión de Escolarización a alumnado con Necesidades Educativas Especiais.

2. DOCUMENTACIÓN
 

1. PRAZOS 
  1. Do 1 ao 15 DE FEBREIRO: Reserva de praza para o centro de adscrición (só para alumnos/as de 6º que se adscriban ó IES Rosalía de Castro).
  2. 1 de MARZO: Publicación das vacantes que hai no centro.
  3. 3 de MARZO: Sorteo público na Consellería para determinar a orde de preferencia nos casos de empate.
  4. Do 1 ao 31 de MARZO: Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia do libro de familia ou do DNI.
  5. Do 1 ao 20 de ABRIL: Presentación de documentación xustificativa (só en caso de que houbera máis solicitudes que prazas ofertadas).
  6. Antes do 30 de ABRIL: Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (pódese reclamar nos 5 días seguintes).
  7. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Delegado Provincial no prazo de un mes).
  8. Do 20 ao 30 de XUÑO: Formalización da matrícula dos alumnos/as admitidos.

OS IMPRESOS DAS SOLICITUDES PÓDENSE RECOLLER NA SECRETARÍA DO CENTRO A PARTIR DO 1 DE MARZO. TAMÉN SE PODEN DESCARGAR FACENDO CLIC AQUÍ.

IMPORTANTE: O día 12 de Marzo, Xoves, ás 17:00 horas, celebrarase neste centro unha reunión informativa, na que o Director explicará o funcionamento do Centro e lles mostrará as instalacións, respondendo tódalas dúbidas que poidan ter.

CORRECCIÓN DE ERROS

Para a  valoración da renda da unidade familiar, os interesados deberán facer constar na solicitude a cantidade correspondente á base impoñible no caso da declaración conxunta ou á base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar no caso de declaración individual, correspondente ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural en que se presenta a solicitude, concretamente a cantidade resultante da suma das casillas 455 e 465 da declaración da renda do ano 2007. 

O Indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do ano 2007 foi: 5.990,40€.