Admisión 2019-2020


7. PRAZO DE MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO. 20 A 30 DE XUÑO
 

O alumnado admitido ou asignado pola comisión de escolarización deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 xuño. O non facelo implicará a perda da praza.

A documentación poderá descargarse nesta web ou recollerse na secretaría do centro a partir do 15 de xuño.

6. LISTAXES DEFINITIVAS NOS NIVEIS BAREMADOS. 14 DE MAIO
 

Reclamacións: Recurso de alzada ante a Xefatura Territorial. Prazo: un mes.

5. LISTAXES PROVISIONAIS NOS NIVEIS A BAREMAR23 DE ABRIL
 

Unha vez publicadas as  listaxes:

  • As persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar na secretaría do centro as listaxes provisionais coa súa puntuación dos criterios de baremo desagregada.
  • A respecto da baremación, poderase formular reclamación ante o consello escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partires do seguinte ao da publicación (ata o 30 de abril).
4. OFERTA DE PRAZAS 2019-2020. SOLICITUDES DO 1 AO 20 DE MARZO

Horario de oficina durante o proceso: de luns a venres desde as 09:00h a 14:00h, e os martes de 16:00h a 18:00h.

NIVEL    VACANTES
RESERVA (*) TOTAL   SOLICITUDES
4º EI (3 ANOS) 75 9 75 80
5º EI (4 ANOS) 0   0 2
6º EI (5 ANOS) 4 4 3
1º EP 0 0 0 6
2º EP 1   1 5
3º EP 0 0 2
4º EP 0 0 3
5º EP 0 0 4
6º EP 0 0 2
TOTAL 80 9 80 107

 

*Reserva obrigatoria de prazas a alumnado con NEAE. De non existir acumularanse á quenda ordinaria.

3. RESOLUCIÓN DEFINITIVA. ALUMNADO ADMITIDO NO IES ROSALÍA DE CASTRO
 
2. LEXISLACIÓN, AVISOS E INFORMACIÓN XERAL




SERVIZOS COMPLEMENTARIOS XESTIONADOS POLA ANPA
 
1. CALENDARIO DO PROCESO E PRAZOS
  • DESEMPATE. Sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado na Sala de Xuntas da Consellería de C.e O.U. O resultado do sorteo: EC... (1º apelido); UP... (2º apelido).
  • VACANTES. ANTES DO 1 DE MARZO. Publicación das vacantes que hai no centro.
  • PORTAS ABERTAS. Xornada de portas abertas. 7 de marzo de 2019 ás 17:00 no salón de actos. Informarase do funcionamento xeral do centro, mostraranse as instalacións e responderase as dúbidas que se teñan a respecto.
  • SOLICITUDES. 1 a 20 de MARZO. Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a. (Tamén se poderá entregar a documentación acreditativa dos criterios do baremo)
  • En todos os casos a instancia sempre deberá ser entregada no centro e no prazo indicado.
  • DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA. 25 DE MARZO A 5 DE ABRIL. 10 DÍAS HÁBILES a partires dos dous días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes. Entrega da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
  • LISTAXES PROVISIONAIS. ANTES DO 25 DE ABRIL. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (pódese reclamar nos 5 días seguintes).
  • LISTAXES DEFINITIVAS. ANTES DO 15 DE MAIO. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo dun mes).
  • MATRÍCULA. DO 20 AO 30 DE XUÑO. Formalización da matrícula dos alumnado admitido.