Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Trotamundos

XOGAMOS COS LIBROS

Apetécevos xogar cos libros da BIBLIO?
A ver canto sabedes dos libros que hai nela.
Premede en cada número e atoparedes un xogo para averigualo.
Lede con atención, pensade e logo contestade.

 

 

 

 

Estes xogos están recomendados para Primaria.

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO

 

//Eu quedo na casa a ler //

 

O 23 de abril de 1616 falecían Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron, ou morreron, outros escritores eminentes . Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores e alentarnos a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución das creadoras e creadores ao progreso social e cultural.

 

O Equipo da Biblioteca quere compartir con vós esta curta que trata sobre un neno incrible ao que lle encantaban os libros para... descubrídeo vós.

 

Convidámosvos a crear un libro, pero non un libro calquera, un libro moi moi especial: O VOSO LIBRO!!!

E vos preguntaredes como facelo. Pois aí van algunhas ideas:

Un libro pode ter unha soa folla ou moitas...

... pode ser despregable

ou pender dun fío...

...  ter que xiralo para lelo ou ter un recuncho oculto.

Un libro pode ter só letras, só ilustracións ou ambas cousas.

  

Un libro pode ter distintas texturas e ata cheiros e sons.

Así que xa sabedes:

  • Imaxinade ou pensade o voso libro perfecto, debuxádeo.
  • Recuperade da vosa casa, elementos que non esteades empregando pero que vos gusten ou atraigan por algo ( a súa cor, o seu tacto, o seu cheiro...).
  • Imaxinade a historia, as personaxes, os escenarios...
  • E, mans a obra!!!

 

 

 

 

Ehhhh, que a cousa non remata aquí. A que todos temos un libro especial? Quen non soñou ser protagonista dunha aventura alucinante? Ou viaxar a lugares lonxanos?

Que vos parece se nos disfrazamos desa personaxe ou simulamos a portada do noso libro preferido?

Ollo!! O libro real ten que sair na foto.

Quen se anima? Deixámosvos algunha proba de andar por casa.

     

A proba gráfica podedes enviala:

Ánimo!!!

Un agasallo moi poético!!!!

Hoxe 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e estamos na nosa Primavera das Letras. Recibimos un agasallo moi querido e especial dun grande amigo: o poeta Antonio García Teijeiro. Bicos poéticos!!!!!

 

 

A BIBLIO vai con nós!!!

As Bibliotecas Públicas Galegas comparten virtualmente con nós os seus libros, revistas, pelis... É moi doado: se xa temos carnet de Biblioteca pública non hai máis que cubrir os datos de usuario e contrasinal. Se non temos, podemos facer o carnet dun xeito telemático e logo, cando poidamos "poñer pé na rúa", recollelo nunha Biblioteca pública dos arredores. As Bibliotecas Públicas que están máis preto de nós son: Tui, A Garda e O Rosal.

Animaivos!!!!

Xornais e radios de interese

A continuación vos deixamos uns enlaces a xornais e radios de interese:

Faro https://www.farodevigo.es/

La Voz https://www.lavozdegalicia.es/

El País https://elpais.com/

Nós diario https://www.nosdiario.gal/

Cadena Ser https://cadenaser.com/

Radio Tui https://mytuner-radio.com/es/emisora/radio-municipal-de-tui-417833/

Muy interesante https://www.muyinteresante.es/

REM (Revista de Estudos Miñoráns): https://iem.gal/publicacions-do-iem/revista-instituto-de-estudos-minoranos-n19-2020/

 

Ao premer na imaxe poderedes entrar no xornal infantil O Papagaio.

ZIGGY STARDUST

O venres 14 de febreiro o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, recibimos a visita da escritora Iria Misa coa que falamos do seu libro "Mamá quero ser Ziggy Stardust": un libro marabilloso que nos fixo pensar, entender, poñernos no lugar das persoas que como Aine están nun corpo que non sinten como seu. Queriamos agradecer a Iria que nos contara esta historia polo que preparamos a súa visita con moito agarimo. E como non, cambiámoslle unha piruleta polo conto, fixémoslle entrega do noso pin educativo, preguntámoslle moitísimas cousas, comentamos, posamos no "photocall" da LIBERDADE, asinounos os nosos libros de Ziggy , puxémoslle o seu nome á aula de 4º, entregámoslle un dos Premios á Diversidade .... e nós adicámoslle o noso libro. Ben seguro que foi unha xornada inesquecible!!!! Grazas, Iria!!!!

19.jpg

10.jpg

20.jpg

8.jpg

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut