Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Trotamundos

Troco Solidario

Grazas a todos e todas ás persoas que puidestedes pasar polo posto do colexio para trocar alimentos por libros. Todo o recaudado será recollido pola asociación SOS Tomiño.

Aquí queda un pequeno vídeo dos días que estivemos na praza 

 

XA TEMOS NOVA IMAXE

 

Grazas pola vosa colaboración.

Ledicia Costas no cole

O pasado xoves 26 de maio visitounos a escritora Ledicia Costas. Con ela falamos de "O neno de lume" e compartimos ARTE!!!! Que ben o pasamos!!!!

 

Lemos en FEBREIRO!!!!

Por fin!!!!! Despois dalgún pandémico atranco, fíxose realidade algo que andabamos argallando dende fai tempo:

botou a andar o CLUB de LECTURA das nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria!!!!!!

Neste pequeno video contámosvos un chisquiño da experiencia. Dende logo que imos continuar porque ENCÁNTANOS LER!!!!!!!  E non pasaran vintecatro horas que xa medrou a participación para a seguinte xuntanza!!!!!

 

Estas son as "conversas que tivemos" con Francisco Castro e  Ledicia Costas

QUE TEÑADES MOI BOAS LECTURAS!!!!!!!!

30 de Xaneiro de 2022: DÍA DA PAZ NA BIBLIO

 

Todas as nenas e nenos do cole puxémoslle cor á nosa árbore da PAZ e deixámola en moi boa compañía lectora.

QUE TEÑADES MOI BOAS E PACÍFICAS LECTURAS!!!!

15 DE OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS

 

Neste día homenaxeamos a todas aquelas autoras que en diferentes épocas amosaron coas súas PALABRAS que a creatividade non entende de xéneros. Poesía, aventura, suspense, fantasía... non hai límite para estas mulleres con forza.

 

QUE TEÑADES MOI BOAS LECTURAS!!!!

 

23 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Hoxe é o día dos libros (aínda que pensamos que todos os días son os días dos libros...). 

Compartimos con vós un video con curiosidades deste día. É superinteresante!!!

  

 

Esta é a primeira das nosas superproducións. Este video en clase de Inglés porque nós tamén lemos no idioma de Shakespeare!!!

E aquí temos esta PRECIOSIDADE narrada polos avós e avoas que acuden ao centro de día de Tomiño.

Se premedes no enñace, RECOMENDACIÓNS PARA TODOS OS GUSTOS.

QUE TEÑADES MOI BOAS LECTURAS!!!!

 

24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro de 1837 naceu en Santiago a nosa escritora por excelencia: Rosalía de Castro.

Todos os nenos e nenas do cole fixémoslle a homenaxe que lle corresponde: espallando os seus versos.

 

Con esta presentación, coñeceredes máis sobre ela.

Botades un ollo?

 E para rematar, música.

 

Vai por ti, ROSALÍA!!!!!

O chuvasqueiro de Aurora

25 de NOVEMBRO: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

O alumnado de 6º de primaria adaptamos o conto "O chuvasqueiro de Aurora", unha historia de superación que podemos atopar na Biblio do cole.

Este conto foi un agasallo da nosa veciña María Alonso Seisdedos que o traduciu ao galego. Grazas, María!!!!

Esta é a nosa gotiña que non esvarará polas nosas vidas, ben seguro!!!! Xuntos e xuntas, somos máis fortes!!!!

 

 

Xa neste 2021, recibimos un agasallo moi especial!!!!

 

 

Moitas grazas, a Ed. Bellaterra por esta Auroriña pequeniña que nos lembra quen somos e o que somos. En vindeiras  datas haberá máis sorpresas, ben seguro.

 

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut