Mindfulness.
Recursos para expresar as emocións e sentimentos.
As emocións indícannos que persoas, situacións ou cousas nos resultan atractivas, divertidas e agradables, ou pola contra, aburridas e desagradables. Isto será fundamental á hora de relacionarnos cos demáis e vannos dar información moi importante que debemos interpretar e xestionar correctamente.
As emocións básicas son: alegría, ira, tristeza, asco, sorpresa e medo...
Debemos expresar as emocións, xa que iso axudaranos a nós e ao noso alumnado a:
- Liberar tensión.
- Identificar e entender as emocións.
- Ser capaz de separarte da emoción, ser obxectivo.
- Que os demáis te poidan axudar a xestionar esas emocións.
- Permitenos evitar e solucionar posibles conflictos.
- Axuda a ser consciente das carencias e necesidades de cada quen.
Cada persoa ten a súa forma de expresar as emocións. Todo vai depender de como se sinta ne momento, o seu medo a ser rechazado, a facer o ridículo...
Ao noso alumnado seralle de gran axuda:
- Que as mensaxes sexan en primeira persoa. Eu sintome así...
-
Especial coidado coa linguaxe non verbal que mostramos: O ton de voz, o volume...
-
Facerlle preguntas concretas para que sexan participes.
-
Feedback constructivo. Pode ser de moita utilidade na resolución de conflictos.
-
Asertividade. Que a comunicación e relación sexa de respeto e valoración. Fomentando vínculos emocionais sanos.
Por todo isto imos enumerar algunhas propostas, que segundo a idade do noso alumnado nos poder ser de gran utilidade.
1. Paletas de emocións. De gran utilidade para identificar as diferentes emocións.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/1.%20Paletas%20das%20emoci%C3%B3ns.jpg)
2. Cuadernos das emocións. De gran utilidade para expresar as diferentes emocións. Un traballo dos compañeiros do CEIP de Balaídos que nos pode ser de referencia.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/2.%20Libretas%20emocionales.jpg)
3. Panel das emocións. Pode ser unha opción interesante e divetida para a creación propia de un panel onde expresar as diferentes emocións.
3.1 Como construir un panel das emocións.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/3.%20Panel%20de%20las%20emociones.jpg)
3.2 Panel das emocións para Educación Infantil.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/4.%20Panel%20de%20las%20emociones%20Ed.%20Infantil.jpg)
3.3 Panel das emocións II para Educación Infantil.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/4.%20Panel%20de%20las%20emociones%20II%20Ed.%20Infantil.jpg)
3.4. Cariñograma. Panel das emocións para Educación Infantil.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/5.%20Cari%C3%B1ograma%20Ed.%20Infantil.jpg)
4. Expresar emocións con música, pintura e contos. Pode ser unha experiencia bonita e enriquezodora, na que se expresan emocións pintando, según o que a música e os contos nos fan sentir.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/Pintura.jpg)
5. Manualidades para expresar emocións. Unha experiencia práctica para traballar con nen@s.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/Manualidades.jpg)
6. Dominó dos sentimentos. Unha experiencia práctica para traballar con nen@s.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/Domin%C3%B3.jpg)
7. Actividades para traballar as emocións con nenos. Propostas para traballar as emocións con nenos de diversas maneiras.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/30%20actividades%20de%20emociones.jpg)
8. Técnicas para traballar as emocións con nenos. Propostas para traballar as emocións con nenos de diversas maneiras.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/Sin%20t%C3%ADtulo-1_6.jpg)
9. As emocións através do espello. Proposta para traballar as emocións de xeito consciente con nenos diante do espello.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/o%20espello%20que%20reflexa%20emoci%C3%B3ns.jpg)