Skip to Content

Alimentación Saudable

Merenda saudable

 Merendas saudable

Durante a semana do luns 25 ó venres 29 de marzo tivemos o primeiro período de froita fresca que ofertamos no cole. Ven da man do programa proxecta, aliméntate ben, e con el pretendemos implantar boas costumes alimenticias.

Lúa tróuxonos un montón de froita rica e saudable da que gozamos tanto o alumnado coma o profesorado, foi todo un éxito! 

Moitas grazas ás familias colaboradoras, sodes de gran axuda.

 O luns e o martes tivemos clementina e melón.


 

O mércores e o xoves deixounos amorodo e mazá.

E para rematar a semana tivemos uns deliciosos plátanos.

Panadeiros e panadeiras das aulas de 3 anos.

Panadeiros e panadeiras das aulas de 3 anos.

O pasado día 15 de marzo de 2019, @s nen@s de 3 anos  convertironse en panadeir@s na panadería “Rollo”. Gracias a Moisés aprenderon todo o proceso de fabricación do pan: Os seus ingredientes, como amasar, como fornealo e como degustalo. Que boa pinta!!!

Unha actividade moi interesante que ensina aos nosos alumn@s, a importancia dunha dieta saudable. Moitas grazas ás profes de 3 anos por esta interesante experiencia e a Moisés por darnos a oportunidade de visitar e traballar nunha panadería de verdade. 

Distribuir contido


by Dr. Radut