@s alumn@s de 5º e 6º investigamos sobre os/as deportistas máis importantes de Tui. Sabemos que son moit@s, nós tivemos a sorte de contactar con moitos deles, conseguimos entrevistalos e fixemos por grupos a terceira tarefa deste curso, para o Proxecto Erasmus+ que estamos a levar a cabo no centro, un "Popplet" coa información máis importante sobre eles/as. Foi unha experiencia incrible.
Pincha enriba do nome de cada deportista para velo en grande.
Con motivo do Proxecto Erasmus+ que se está a levar a cabo no noso centro este ano, propuxemos para avanzar no proxecto, estudar os centros e o entorno cultural dos socios amigos do mesmo. Estudiamos o entorno dos colexios:
Christian Brothers 'Primary School Armagh Irlanda do norte (Centro Coordinador).
Instituto Comprensivo Varese 2 Italia.
Colegio de Educación Infantil y primaria Nº9 Las Culturas de Torrevieja España.
Bunscoil Sancta Maria Synge Street Dublin Irlanda.
Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal.
Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui.
Para isto, durante o 1º Trimestre e parte do segundo, todo o colexio traballou duro e acadamos este gran resultado.
@s nen@s de Educación Infantil foron os encargados de estudar e pintar as bandeiras dos países socios, que situamos nos teitos do pasillo central da escola.
@s nen@s de 1º foron os encargados de situar as escolas no mapa de europa.
@s nen@s de 2º,3º e 4º foron os encargados de estudar as escolas asociadas e o seu entorno e presentalas en paneis.
@s nen@s de 5º e 6º foron os encargados de estudar as escolas asociadas e prepararon unha presentación dixital das mesmas.
No mes de decembro alumnado de 6º do noso colexio, tivo a oportunidade de entrevistar aos padexeiros Enrique Míguez, medalla de bronce nos Xogos Olímpicos dos Anxeles en 1982 e a Manu Garrido Campión do Mundo de Piragüismo. Aquí vos deixamos o vídeo que forma parte das actividades a levar a cabo neste curso con motivo do Proxecto Erasmus+ " Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz".
Moitas gracias a Manu e a Quique, sempre dispostos a colaborar co alumnado do noso centro. Grazas pola aportación da vosa experiencia deportiva e humana.