Skip to Content

Aulas e Dependencias do Centro

 

                                                                                                                                gif

O  CEIP Nº 2 de Tui é un cole moi grande, con 23 aulas e outras dependencias.                                                  

Na planta baixa, e por unha entrada só para eles están os nenos e nenas de Educación Infantil. Son en total 6 aulas. cuns servizos adaptados ao seu tamaño.

Tamén na planta baixa están as aulas do 1º Ciclo de Primaria, 1º e 2º agás 1ºB e 2ºA que tivo que situarse no 1º piso.

No 1º Piso están os do 2º e 3º Ciclo, xa máis maiores para subir e baixar as escaleiras. En total 13 aulas.

 

   
   

 

 

Pero ademáis de todas estas aulas temos outras dependencias como:

  • Salón de actos.- que é bastante grande  pero ainda así non cabemos todos/as e cando facemos unha representación temos que ir por QUENDAS de 200 máis ou menos.
  • Cociña.- donde comen todos os días os nenos e nenas que o soliciten. Pero ademais alí facemos un montón de actividades relacionadas coa boa alimentación. E non nos podemos esquecer das celebracións dos cumpleanos que celebramos na cociña.

 

  • Sala de Informática.- situada no primeiro andar xunto coas aulas de 1ºB e 2ºA e ao carón da de música, con 15 ordenadores con acceso a Internet. Aquí vimos unha hora a semana.          

 

   

 

 

 

  • Aula de música .- onde podemos bailar, tocar instrumentos, escoitar música...

  •   Ximnasio. - está no noso patio ao lado do colexio, e alí facemos deporte, psicomotricidade e xogamos  a un montón de cousas

 

  • Biblioteca.- Nela hai unha zona para os máis pequenos, e outra para os maiores,nas que ademáis de ler contos podemos consultar en enciclopedias ou buscar en Internet información no recunho dos ordenadores. Tamén hai un lugar no que podemos xogar a xogos de mesa que utilizamos nos recreos.Pero tamén os pais e nais poden usar a biblioteca, todos os días a partires das 14:00 horas está aberta para que pasen a ler os xornais ou calquer libro que queiran

 

   

 

 



page | by Dr. Radut