Skip to Content

Xornada de deportes alternativos

                                                                                                                                                            gif

O CEIP Nº 2 é un colexio que non falta a un evento deportivo. Pero neste caso tocounos  a nós ser os anfitrións dunha " Xornada de Deportes Alternativos" que se celebrou no noso patio o pasado día 19 de Outubro.

Esta actividade estivo organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño  "agrudebam" e financiada pola Fundación Deporte Galego co obxectivo de dinamizar a práctica deportiva de base a través da interrrelación dos centros da zona e tentando ofrecer a máxima diversidade de cara a enriquecer ao noso alumnado.

Acodiron os alumnos/as de 6º de diversos colexios do Concello e algúns dos arredores.

Así, un total de 500 nenos e nenas de colexios como os de  Randufe, Maristas, Rebordáns, Nº 1, de 3 colexios do Concello de Tomiño, Sobrada, Barrantes e Tomiño e un do Concello de Salceda xogaron con nós ao longo de toda a mañá  a  xogos que non coñecíamos moi ben ata entón.

 

 

chegada

 

Xogamos todos mesturados, rotando cada media hora por un xogo novo que nos ensinaban uns monitores/as.

Os xogos aos que xogamos foron: 

 

Xogos con paracaídas  

Beisbol

 paracaidas  beisbol
 
Rugby

kin-ball

 rugby  kinbal

Balón - Pau 

 xockei

 pau

xockei

 



page | by Dr. Radut