Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro foi declarado día Internacional contra a Violencia á Muller no Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe, celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.

Escolleuse esta data para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal (Patria, Minerva e Mª Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do dictador Rafael Trujillo, na República Dominicana.

En 1999, a ONU deu carácter oficial a esta data.

Necesitamos a implicación de tod@s para dar visibilidade a esta gran problemática da sociedade actual e realizar actuacións que promovan unha igualdade de xénero real.

 


 

No CEIP Plurilingüe Nº 2 somos conscientes da importancia de que o noso alumnado, ademais de aprender coñecementos e desenvolver competencias, debe medrar cuns valores e actitudes axeitados para facerse persoas plenas e ser quen de construír unha sociedade mellor.

Educamos na igualdade todo ano pero estes días, co gallo da conmemoración do 25 N, realizamos e participamos nunha serie de actividades querendo sensibilizar e promover actitudes de igualdade, respecto, tolerancia, convivencia positiva..., co obxectivo de APRENDER A SER PERSOAS.

 

MATERIAIS PARA TRABALLAR A IGUALDADE NAS AULAS

 

PAUTAS PARA EDUCAR EN IGUALDADE

 

 



page | by Dr. Radut