Skip to Content

O CEIP Nº2 de Tui presente nas Xornadas Erasmus+ 2019

O CEIP Nº2 de Tui presente nas Xornadas Erasmus+ 2019

CAFI Santiago de Compostela.

19 outubro 19.

O pasado sábado día 19 de outubro de 2019 tiveron lugar as Xornadas Erasmus+, que anualmente organiza o Centro Autonómico de Formación e Innovación de Galicia ( CAFI). Nesta edición o CEIP Nº2 de Tui estivo presentando un relatorio sobre a súa experiencia no Proxecto Erasmus+ que se está a levar a cabo no centro dende o curso 2018 e que terá unha duración de 2 anos: “ Promovendo un estilo de vida saudable e feliz".

As mestras encargadas do relatorio do noso centro, Raquel Vázquez e Patricia Bellón, explicaron a todos os asistentes, mediante un power point, o que o proxecto está a supoñer para a nosa comunidade educativa.

Estar presentes nestas xornadas reflicte a dimensión internacionalizadora que lle da o proxecto ao noso centro. Sen dúbida, unha nova experiencia que temos que sumar a todo o que o Erasmus+  está a aportar á nosa escola.

Queremos agradecer ao CAFI de Galicia, que contase con nós para estas Xornadas, xa que aínda que a nosa experiencia en Erasmus+ non deixa de ser curta, cando menos que poida servir para ilusionar e animar a outros centros educativos de Galicia.

 

 CEIP Nº2 PARTICIPANT IN "Xornadas Erasmus+ 2019 CAFI Santiago de Compostela"

On Saturday 19th, CEIP Nº2 participated in the Erasmus+ conference in Santiago de Compostela. Our school talked about our Erasmus project “ A healthy, happy lifestyle”.

Raquel Vázquez y Patricia Bellón were the teachers who represent our school. They showed all the participants a power point in which they explained how this project was affecting our educational community.

Being a part of this conference reflects the international dimensión that this Project is bringing to our school.

 

We would like to thank CAFI for taking us into account in this conference because, in spite of being working as a Erasmus school just for little time, we want to encourage other Galician schools.

 

 



page | by Dr. Radut