Skip to main content

FAMILIAS

Obradoiro de baile - #euquedonacasa

Na última quincena de cole, Aroa e Elisa, viñeron todos os recreos á biblioteca para deseñar un obradoiro de baile.

Xa estaban cos últimos retoques no seu cartaz cando tivemos que marchar.

Neses dous últimos días de clase, outras compañeiras e compañeiros uníronse ao obradoiro, para poder levalo a cabo con máis soltura.

A súa proposta é semanal. Todos os xoves.

Intentando continuar coa rutina e sempre que vos apeteza.

Aquí vai a proposta!

Prepara unha coreografía dunha destas cancións.

Se che apetece podes mandar o teu vídeo a un deste enderezos:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

Symbaloo de inglés - #euquedonacasa

E se queredes mergullarvos no inglés...

Symbaloo contos - #euquedonacasa

Se vos apetece distraervos...

Aquí tedes un symbaloo de contos e actividades en galego!

Booktubers -#euquedonacasa

Inspirados no alumnado de 3º C, da aula de Chus, imos propoñer que vos convirtades en booktubers.

 Ese libro que estamos lendo, que nos leva a lugares marabillosos, compartámolo con todos e todas!

Como? Grava un vídeo de non máis dun minuto, no que digas o título, autor, editorial e

moi brevemente de que trata e por que che gusta a ti e o recomendas.

Poden participar nenas, nenos e adultos.

1º Paso: Ler o libro. Se non tes ningún, podes mirar nestas ligazóns.

Teñen libros en pdf gratuítos.

Elestudiantedigital.com

Weeblebooks

OyeJuanjo

2º Paso: Realizar un guión escrito do que imos dicir.

Revisar ortografía e cohesión (que se entenda o que queremos transmitir).

3º Paso: Ensaiar, isto é como na poesía e no teatro, hai que expresar, esaxerar...

4º Paso: Pedirlle a un adulto un aparello que permita gravar: móbil, ipad, cámara de vídeo...

5º Paso: Gravar e mandalo a calquera destes enderezos, se desexas que o publiquemos.

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

TODO VAI SAÍR BEN!

Tertulias dialóxicas

Os Vagalumes xa están moi adiantados na lectura de "A increible historia da avoa ganster" de David Wallies.

 

Os nosos moderadores Miguel (aluno) e Diego (familiar adulto) darán remate á ultima tertulia dialóxica por este libro o luns 9 de marzo.

De seguro aparecerán unha manchea de novas proposta de lectura para dialogar, gozar e debater.

Agradecer ás familias a súa implicación.

Grupos interactivos

Os Vagalumes continúan cos grupos interactivos, onde as familias son voluntarias dentro dunha comunidade de aprendizaxe.

Neste curso o alunado está dividido en catro grupos cooperativos que van rotando cada vinte minutos e

resolvendo diferentes tarefas coa axuda dinamizadora dos adultos voluntarios.

Sendo a mestra a persoa que organiza a actividade e axuda a resolver dúbidas.

 

Esta actividade, ademáis de contar coa motivación absoluta do alunado, reduce os conflictos e aumenta a competencia curricular.


Agradecer a todos e cada un dos familiares, pois sen a súa boa vontade esta actividade non sería posible.

EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS DE REFUGALLO

O ALUNADO DE 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DA MAN DO SEU MESTRE DE MÚSICA,

ALEJANDRO MIGUÉLEZ, DESEÑARON UNHA EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS DE REFUGALLO.

A INTENCIÓN ERA IMPLICAR A RAPAZADA E AS FAMILIAS NA REALIZACIÓN DUN INSTRUMENTO

MUSICAL QUE SOARA E NO QUE OS SEUS MATERIAIS TIVESEN UN SEGUNDO USO.

 

ESTA ACTIVIDADE ENMÁRCASE DENTRO DO PROXECTO "CONTRA O CAMBIO... EU CAMBIO. E TI?"

CONVIDAMOS A TODA A VILA A GOZAR DESTA EXPOSICIÓN, ALOXADA NA NOVA SALA DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA.

PODEN ACUDIR TÓDOLOS DÍAS EN HORARIO DE 16:00 A 18:00 HORAS, SALVO O MARTES.

PROXECTO O CORPO HUMANO

O ALUMNADO DE 4 ANOS ESTÁ INMERSO NUN PROXECTO SOBRE O CORPO HUMANO.

ESTES DÍAS RECIBIRON A VISITA DE TRES FAMILIARES NA NOSA BIBLIOTECA.

A MAMÁ DE LUCAS VEU ENSINARLLES COMO SE COIDAN OS BEBÉS.

COA MAMÁ DE LÍA APRENDERON DISTINTAS PARTES DO CORPO HUMANO.

A AVOA DE NEREA QUE É ENFERMEIRA ENSINOULLES DIFERENTES APARELLOS E O SEU FUNCIONAMENTO.

GRUPOS INTERACTIVOS E FORMACIÓN DE USUARIOS

Iniciamos o curso escolar programando as actividades de formación do alumnado como usuarios da biblioteca escolar do centro.

Os espazos da biblioteca, a organización dos fondos, a variedade de recursos a empregar, as normas de uso, o préstamo de libros...son algúns dos aspectos que se abordan nestas primeiras sesións.

Durante o desenvolvemento das actividades, o alumnado organízase a modo de grupos interactivos. Nesta forma de organización ten un valor engadido a presenza dun adulto voluntario en cada un dos subgrupos, favorecendo a interacción, participación e resolución das tarefas por parte do alumnado.

 

Todas as familias quedades convidadas a participar nestas actividades de formación de usuarios, actuando como adultos voluntarios.

As datas e horarios das sesións son as seguintes:

Podedes colaborar en calquera das sesións.

Teremos unha reunión informativa/formativa en data acordada previamente entre as familias participantes.

Animádevos a participar! Precisamos que anotedes os vosos datos a continuación.

  

DOCUMENTAL "AS LAVANDEIRAS"

NA HONRA DE TODAS AS QUE DEIXARON UN BRANCO ESPECIAL.

AGRADECER ÁS FAMILIAS E AO POBO A TRANSMISIÓN ORAL E O ACOMPAÑAMENTO PARA CONSEGUIR QUE O PATRIMONIO PERMANEZA VIVO.

DRAMATIZACIÓN E DOCUMENTAL ELABORADO POLO ALUMNADO: VAGALUMES DE 3ºA E ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO XUNTO COAS AVOAS LAVANDEIRAS E AS ATURUXEIRAS DE CEDEIRA. COLABORAN NA MÚSICA: BEATRIZ LEONARDO, ELSA LÓPEZ, FERNANDO VILLAR, MARCOS CASAL, LARA LABRAÑA, ANXO MOREDA E ANDREA LOUREIRO (alumnado de ambos centros) e SILVIA PICOS.

 

DESPEDIDA INTERACTIVOS COAS FAMILIAS

OS GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS NA BIBLIOTECA REMATAN POR ESTE CURSO.

AVALIACIÓN BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA

AGRADECEMOS CUBRA ESTA ENQUISA ONLINE E ANÓNIMA PARA AVALIAR O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR CARLOS LABRAÑA.

PODE FACELO ALUMNADO, FAMILIAS E MESTRES.

ISTO AXUDA A MELLORAR.

MOITAS GRACIAS!

ENQUISA ONLINE BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA



II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - FOTOGRAFÍAS

O 31 DE MAIO CELEBRÁRONSE AS II XORNADAS ESCOLARES DE TEATRO.

NENAS E NENOS ENGAIOLARON E CONSEGUIRON NAMORAR A TODO O PÚBLICO COAS OBRAS

- MOITO MORRO CORPORATION, SOCIEDADE ILIMITADA! DE CARLOS LABRAÑA. VAGALUMES 3º A

- ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS, TEATRO NEGRO (ADAPTACIÓN DO TEXTO DE LEWIS CARROLL ) 6ºC

AGRADECER A ANDY A REPORTAXE FOTOGRÁFICA E GRAVACIÓN DOS VÍDEOS, QUE EN BREVES, SERÁN COLGADOS.

GRACIAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN.

PARABÉNS Á RAPAZADA POLO TRABALLO BEN FEITO E AO PROFESORADO IMPLICADO.

E UNHA REFLEXIÓN, PARABÉNS A ESE PÚBLICO DE MAÑÁ QUE SOUBO RESPONDER, RIR E GARDAR UN RESPECTUOSO SILENCIO CANDO ERA NECESARIO...

POR QUE NON PASA O MESMO COS MÓBILES DOS ADULTOS?

 

FOTOS II XORNADAS DE TEATRO

AVALIACIÓN GRUPOS INTERACTIVOS

AGRADECEMOS ÁS FAMILIAS E AO ALUMNADO IMPLICADOS NOS GRUPOS INTERACTIVOS CUBRAN AS ENQUISAS PARA AVALIAR A ACTIVIDADE E PODER MELLORAR.

MOITAS GRACIAS.

FAMILIAS VOLUNTARIADO GRUPOS INTERACTIVOS

ALUMNADO GRUPOS INTERACTIVOS

PODCAST "A VIDA DIARIA NO CASTRO SARRIDAL"

O alumnado dentro do seu proxecto intercentros sobre o Patrimonio Inmaterial, tamén traballou a alimentación e a vida diaria nun castro, no noso Castro Sarridal. Este podcast participou no I Concurso de podcast organizado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Parabéns a ela, por promover este tipo de concursos.

Agradecer a participación de Quique Vazquez  (o noso Bardo), o alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacherelato, ao alumnado de 6º C, e aos Vagalumes por levarnos co radio teatro a "A vida diaria no Castro Sarridal".

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES! PARTILLA OS TEUS LIBROS!

CO GALLO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS E COA INTENCIÓN DE QUE CALQUERA PERSOA POIDA DISFRUTAR DA LECTURA NA RÚA OU NA CASA,  AS TRES BIBLIOTECAS DA VILA: BIBLIOTECA PUNTA CANDIEIRA, BIBLIOTECA MUNICIPAL LÓPEZ CORTÓN E BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA, CO APOIO DO CONCELLO DE CEDEIRA (NA SÚA FINANCIACIÓN), VEÑEN DE POÑER TRES PUNTOS DE LECTURA MEDIANTE A COLOCACIÓN DE TRES CASIÑAS DE MADEIRA CON LIBROS PARA DIFERENTES IDADES, SITUADAS NO EDIFICIO DO AUDITORIO, NO POLIDEPORTIVO E NO CONCELLO DE CEDEIRA.

AQUÍ CADA QUEN PODERÁ COLLER UN LIBRO E DEPOSITAR OUTRO NO SEU LUGAR. UNHA PREMISA MOI IMPORTANTE É QUE O QUE DEIXEMOS SEXA DE CALIDADE DO MESMO XEITO QUE O QUE RECIBIMOS.

ANIMAMOS A TODO O POBO A PARTICIPAR!

 
 

 

BOLSIÑAS DE CONTOS EN 4 ANOS

VAIA SORTE TEÑEN OS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS E AS SÚAS FAMILIAS!

AS PROFES PREPARARON UNHAS BOLSIÑAS PARA LEVAR ÁS CASAS;

ESTÁN CHEAS DE CONTOS MARABILLOSOS E ALGUNHA SORPRESA!

PARECE QUE A ANDRÉS LLE GUSTOU! GRAZAS POR COMPARTILO!

 

MOITAS GRAZAS, LUCAS E DIANA, POR COMPARTIR CONNOSCO ESTE MOMENTO TAN DIVERTIDO.

 

 

 

 

Distribuir contido