Skip to main content

Decembro 2022

GRUPOS INTERACTIVOS NA BIBLIOTECA - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE #FamiliasnabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Desta volta os interactivos dos Vagalumes xiraron ao redor de "Carrapuchiña Vermella".

Coa axuda das familias fixeron pizzas de Carrapuchiña e o lobo,

leron outra versión do conto "¿Qué me cuentas Caperucita" de José Carlos Andrés,

escribiron palabras arredor do conto cun xogo de letras

e fixeron un obradoiro cos protagonistas.

 

 

 

 

 

CREA O TEU OBRADOIRO OU FALADOIRO! #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Sabedores do voso potencial, xa o tedes amosado en moitas ocasións,

queremos propoñervos que deseñedes os vosos propios obradoiros ou faladoiros.

Seguro que sabedes facer algo de marabilla: lettering, unha manualidade,

un experimento, un actividade de costura, reciclados...

Ou falar, diso tamén temos constancia, pero hai temas dos que sabedes a moreas

e quedamos pasmados escoitándovos: un animal, un fenómeno físico, unha lenda,

o mar, un conto, a recomendación dun libro...

Pasade pola biblioteca e apuntádevos!

Vos estamos esperando! Todos temos algo que contar!


 

 

 

 

PROXECTO INTERXENERACIONAL "Naturalmente aprendendo!" #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A nosa escola atópase mergullada nunha contorna natural chea de cousiñas por descubrir.

Son moitas as especies de animais e plantas que podemos ver nun simple paseo e que

ás veces non somos quen de ollar ou de percibir sexa por descoñecemento,

por non darlle importancia ao ser cousa habitual ou polo simple ir e vir da vida de

hoxe que cada día se fai máis rápida e non nos deixa pararnos a pensar, observar ou apampar.

Temos multitude de fauna miúda, paxariños que cantan ao noso paso, flores únicas, unha reserva

mariña ou simples felgos, que por non ser tan simples sobreviven dende a Era Terciaria.

 Co obxectivo de reconectar e de tecer redes interxeracionais queremos fomentar o encontro e o

intercambio de coñecementos e valores cun proxecto de traballo que vén da man da nosa biblioteca.

Trataremos de tomar tempo e observar a natureza: ulila, escoitala, explorala, prestarlle

atención e descubrir un mundo cheo de vida.


 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
@beCarlosLabrana
biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

Provocación QUEN VIVE NO BOSQUE? #Infancia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #Lectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Quen vive no bosque?

Baixo esta pregunta xorde un novo espazo de xogo no noso espazo argalleiro.

Un espazo para crear, xogar, ler, inventar, provocar, explorar... da man e acompañamento

do noso voluntariado todo o alumnado do centro poderá pasar no tempo de lecer.

Tamén poden facelo durante titorías ou especialidades coas mestras e os mestres.

Podes seguir as instrucións, xogar ou ler. Tedes fondos para acompañar a proposta.

Para quen desexe crear ten os materiais nun apartado da mesa.

 

Idea do obradoiro extraída de Divertoloxía.

 

 

 

ERASMUS SUECIA #Radionabiblio #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de sexto que participou no programa Erasmus do proxecto Doris,

compartiu con nós as suas vivencias e impresións, neste caso concreto na viaxe a Suecia.

Alí visitaron varios centros educativos e varias cidades de Suecia.

Crean un primeiro borrador para a posterior escaleta. Despois de varias correcións,

aquí temos o resultado, na nosa Radio Experimental.

Un traballo cargado de ilusión, non só polo vivido e contado

senón tamén pola emoción da próxima visita.

 

 

 

 

BRAILLE OBRADOIRO #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #3dec #DiaInternacionalDeLaDiscapacidad #discapacidade

Dende a Biblioteca Creativa, no noso espazo argalleiro, o alumnado poderá

gozar esta semana dun obradoiro de Braille, para visibilizar outros xeitos de escribir.

Ofértase unha plantilla para escribir o nome con axuda

do material de apoio exposto no cadro Lego, coas súas pezas Braille.

Tamén poderase descargar a tipografía Braille e poñer

dende o ordenador o nome, texto... que se desexe.

Acompañamos o obradoiro de fondos bibliográficos

e libros de texto en Braille usados por alumnado cego.

Libros de texto e material de apoio cedido pola ONCE.

Anéxase un conto, tamén da mesma fundación, que permite aprender a escribir en Braille

e unha ficha para elaborar o nome, creación da biblioteca.

 

 

DURANTE A LECTURA "O PRINCIPIO" #Radionabiblio #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Despois da primeira parte, antes da lectura, do libro "O Principio"

que aborda o alumnado do 4º de primaria. Agora sumerxímonos

na segunda actividade, durante a lectura. A proposta comeza coa

lectura do libro, pero sen ver libro nin imaxes, sendo a titora a

contadora oral do conto. O alumnado bota man da súa sensibilidade

e creatividade para crear eles as ilustracións e realizar e na RadioExperimental

grabar as súas voces, dando unha nova vida ao mesmo conto da autora Paula Carballeira.

Historias que nos achegan a realidades moi próximas pero ao mesmo tempo afastadas,

coñecer para querer, para valorar, para axudar, para cooperar, para ser críticos, sensibles, humanos...

Agora esta historía, a historia de Paula Carballeira, Sonja Danowski e de todalas alumnas

e alumnos de 4º B voará pola biblio e polo cole e de seguro que desa semente saírá un froito.

 

 

 

LECTURAS COMPARTIDAS DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #3dec #DiaInternacionalDeLaDiscapacidad #discapacidade

O alumnado de 6º e 1º de primaria xúntanse para ler lecturas inclusivas.

 

 

 

 

ANTES DA LECTURA "O PRINCIPIO" #Radionabiblio #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Iniciamos unha actividade en tres partes.

Deste xeito abordamos a primeira "antes da lectura/antes da guerra".

Da man do alumnado de 4º B, coñeceremos as súas ideas previas para abordar

unha temática dura e difícil, pero necesaria.

As ODS formarán parte fundamental deste pequeno proxecto.

Escoitade á rapazada!