ÚLTIMA SEMANA!! DO 15 AO 19 DE XUÑO DE 2020!!
Bos días a tod@s !!
Xa estades a puntiño de rematar ese gran esforzo que levades feito durante estes meses, coas vosas familias, estando na casa e traballando!!
Despios, ese merecidísimo descanso !! Este curso foi “dintinto” pero fixéstelo tod@s moi ben Estou moi orgullosa do voso comportamento paciente para estar na casa, e do voso traballo
Esta semana, como xa limos a pasada o T. 6 de C. Sociais, sobre A localidade e o concello, propóñovos que entredes neste enlace que é o do noso Concello de Sanxenxo, para saber máis.
https://www.sanxenxo.es/index.php/es/ayuntamiento/alcaldia
Xa veredes que interesante é, e canto imos aprender de onde vivimos e do que nos rodea.
Hai información moi útil para saber de todo, parroquias, festas, praias, historia, temperaturas, actividades…
Este verán, antes de ira á praia, podedes consultar o tempo, actividades…
As festas de todo o ano nas distintas parroquias, a historia, poboación…
A miña proposta é que cada día desta semana, leades todo o que hai nun dos títulos propostos arriba: primeiro ver esas fotos tan bonitas e despois, en inicio: tedes debaixo moitas cousas que ler, como o clima, no que encontraredes en conocer más, meteoeduteca. Hai xogos, contos...Ide vendo cada recanto.
Outro día ayuntamiento, lede os apartados que ten: alcalde, concelleiros, grupos municipais...
Conoce Sanxenxo: poboación, parroquias, historia...
Así cada día, aprendendo e coñecendo mellor o noso concello.
Se ledes e aprendedes moitas cousas, xa estou contenta. E se queredes facer un resumo do que máis vos gustou, podedes envialo, é voluntario porque as notas xa se poñen o martes.
Se lle dedicades un tempo cada día, veredes o interesante que é e as aprendizaxes que podemos sacar desas lecturas. Por exemplo as praias que temos, nesta web fala de todas elas. Saber cando son as festas de cada parroquia. Quen é o alcalde e os concelleiros...
Seguro que ides aprender moito!!
Aquí remata o traballo destes meses Fixestes verdadeiras obras de arte, encantoume ver todos os vosos traballos, e estou moi orgullosa do ben que o fixestes Hai que agradecerlle tamén a axuda ás vosas familias
Vémonos en setembro!! Estou desexando estar de novo con tod@s !!
PASADE UN BO VERÁN, MERECÉDELO, TOD@S!!
MOITÍIIIIIISIMOS BICOS DA PROFE PILI !!