Skip to Content

VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA " ESTOU DE CINE"

VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL

"ESTOU DE CINE"

Un ano máis, o Equipo TIC en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convoca o VIII Concurso de Fotografía Dixital dirixido a todo o alumnado do centro.

A participación no mesmo supón a aceptación das seguintes BASES:

       -  Poderán participar todas as familias que teñan fillos/ as matriculados no noso centro.

- Só se admitirán fotos de creación propia (non descargadas ou copiadas de internet) en formato dixital j-pg.

- As fotografías serán enviadas ao correo electrónico ceipnantes.tic@gmail.com antes do domingo 13 de febreiro. No asunto deberá constar o nome e o curso do alumno/a.

- O tema será “Estou de cine”: fotografías nas que a temática sexa o cine (escenas, personaxes, obxectos....)  Cada foto deberá acompañarse dun lema en galego.

- Non poderán aparecer os nenos/as participantes nin membros  recoñecibles da súa familia.

- Todas as fotos serán publicadas na páxina web do Centro.

- Poderase participar cunha foto por alumno/a.

- As fotos serán expostas no colexio e na páxina web.

- Todos os participantes recibirán un diploma e unha copia impresa da súa fotografía.

- O gañador/a será elixido polos alumnos do centro mediante votación os días 21 e 22 de febreiro.

- O premio consistirá nunha memoria USB, un diploma acreditativo e a publicación da súa fotografía no número deste ano da revista “Novas de Contumil”. A foto gañadora pasará a ser propiedade do colexio.

- O premio entregarase o venres  25 de febreiro, coincidindo co Entroido.



paxina | by Dr. Radut