INSCRICIÓN MADRUGADORES

 

Dende a ANPA do CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro comunican que a inscrición para o programa de madrugadores está aberta, polo que as familias interesadas en anotar ós/ás seus/súas fillos/as deberán poñerse en contacto coa ANPA ou co cole.

Este servizo vai dirixido a todo o alumnado deste centro e consistirá nun espazo saudable e lúdico á vez, no propio colexio (entre as 08:00h e as 09:15h). Estará dispoñible dende o 9 de setembro de 2021 ata o 22 de xuño de 2022 por un custe de 28€/neno/a mes completo e 6€/neno/a por días soltos (ata un máximo de 5 días soltos, a partires do 6º día cobrarase o mes completo).

Os almorzos estarán organizados semanalmente da seguinte forma:

Ao rematar, realizaranse actividades e xogos (arte creativa, xogos populares, coeducación, contos...) os cales estarán coordinados por dous monitores.

Este servizo está organizado pola ANPA e subvencionado polo Concello de A Capela. 

 

CALENDARIO ESCOLAR

 

 

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2021/2022

 

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2021/2022

 

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo do curso 2021/2022, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2021, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2021.

Durante o curso escolar 2021/2022 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

*Con carácter excepcional poden colaborar tamén outros familiares dos/as alumnos/as comensais, ex-colaboradores/as deste servizo, persoal relacionado coa comunidade educativa ou persoal que participe en programas de voluntariado social. Esta ampliación manterase mentres dure a aplicación das medidas educativas e sanitarias para paliar os efectos da pandemia.

LISTADO DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2021/2022

 

RELACIÓN DE LIBROS PARA O CURSO 2021/2022 (Click AQUÍ)

RELACIÓN DE MATERIAIS ESCOLARES PARA O CURSO 2021/2022 

1º de E.P.  2º de E.P.  3º de E.P.  4º de E.P.  5º de E.P.  6º de E.P.

FIN DE CURSO

Despois dun ano complicado, rematamos o curso 2020/2021 cunha xornada moi especial. Grazas á colaboración da nosa ANPA puidemos desfrutar unha mañá chea de xogos, bailes e moitas sorpresas!

BO VERÁN A TODOS E TODAS!

Robótica no centro e na casa

 

Ao longo deste curso o noso alumnado e profesorado continuou co proxecto de Robótica na escola. Aquí vos deixamos unha mostra de todo o que traballamos... Fai click na imaxe e logo... EMPEZAR!

  

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2021/2022

 

No DOGA do 20 de Maio de 2021 publícase a Orde do 6 de maio de 2021 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2021/2022, destinada ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

FONDO SOLIDARIO: cursos 3º e 4º de Ed. Primaria. Mantéñense os libros de 3º e 4º de EP do curso 2020/2021.

AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Ed. Primaria ou alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), con rendas igual ou inferior a 10.000€. Tamén para alumnado de educación especial (EE) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% sen límite de renda.

MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Ed. Primaria, rendas igual ou inferiores a 6.000€.

 O alumnado de 5º e 6º de EP,  que participan no programa de Educación Dixital (E-DIXGAL) no curso 2021/2022 queda excluído da participación no fondo solidario de libro de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

prazo para presentación da solicitude é ata o 22 de xuño de 2021. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros, onde cubrirán os datos, gardaranos e obterán un nº de solicitude. Despois poderán imprimir a solicitude e o anexo II e presentalo no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.  

 Máis información na Secretaría do centro e nos seguintes enlaces:

       - Orde do 6 de maio de 2021

       - Anexo I e II

 

Gañadores/a do I Concurso de Debuxo e I Certame narrativo

 

Os nosos alumnos Hugo Pérez e Xandre Pérez e a nosa alumna Celia Martínez foron galardoados/a no  I Concurso Infantil de Debuxo e I Certame Infantil narrativo, convocado pola Asociación de Mulleres Cabanas Rural. Os nosos parabéns tanto para os/a gañadores/a como para todos e todas os/as participantes polos seus traballos que mereceron grandes eloxios por parte do xurado destes certames. Agardamos repetir o vindeiro ano!

                         

18 de maio - Día non lectivo

 

Lembramos que o próximo martes 18 de maio será día non lectivo escollido polo centro, polo tanto non haberá clase. Deste xeito, a actividade lectiva reanudarase o mércores 19.

Día das Letras Galegas

 

Este ano, o Día das Letras Galegas adícaselle a Xela Arias e dende o cole quixemos homenaxear a esta escritora, traductora, editora, profesora e defensora da nosa lingua con este fermoso mural.


Xela Arias

 

Distribuir contido